Santiago, 22 de maio de 2013.- O xurado encargado de valorar os traballos presentados na terceira edición do Concurso Escolar do Parlamento de Galicia acordou, por unanimidade, a concesión dos premios correspondentes aos gañadores e finalistas de cada unha das tres modalidades do certame (Imaxina a Pintura, Escribe o teu conto, e Exprésate).
A decisión do xurado é a seguinte:
Imaxina a Pintura
Alumnas do grupo gañador: Antía Martínez Pérez, Naiara Bouza Rodríguez, Inés Borge Juste, Lidia Castro Rodríguez e Lucía Otero Codeseda
• Clase: 1º de Primaria
• Profesora que supervisou o traballo: Dª Pilar Gallego Illán
• Centro educativo: CPR Plurilingüe Santiago Apóstol de Ponteareas (Pontevedra).
Alumnas do grupo finalista: Candela Prada Vega, Ana Alonso Domínguez, Claudia Rodríguez Delgado, Carmen Estévez Martín e Nadia Dovigo Otero, alumnas de 2º ciclo de educación infantil do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá (Ourense). Profesora que supervisou o traballo: Dª Aurora Delgado Pérez
Escribe o teu conto
Alumnos do grupo gañador: Ariendys Franco Lorenzo e Brauly Gómez Peralta.
• Clase: 1º A de ESO
• Profesor que supervisou o traballo: D. Francisco José Janeiro Rodríguez
• Centro educativo: IES Vilar Ponte de Viveiro (Lugo).
Alumnas e alumnos do grupo finalista: Alba Fernández Martínez, Diego Beltrán Fernández Prada, Laura García Fraga, Blanca Landín Rey e Pablo Francisco Lata Díaz (alumnos/as de 6º A de Educación Primaria do Centro Escolar Manuel Peleteiro, de Santiago de Compostela (A Coruña). Profesora que supervisou o traballo: Dª Josefa Lourido Barbeira
Exprésate
Alumnas e alumno do grupo gañador: Rebeca Carballo Amado, Yemina Gómez Corral, Gloria Martínez Pazos e José Manuel Fernández Vilas.
• Clase: 3º U de ESO
• Profesora que supervisou o traballo: DªMaría Blanco Crespo
• Centro educativo: IES Eduardo Pondal, de Santiago de Compostela (A Coruña).
Alumnas do grupo finalista: Alicia Suárez Cao, Tamara Cerqueiro Rey, Paula Vilariño Gasamáns e Uxía Rico Gómez (alumnas de 4º U da ESO do IES Eduardo Pondal, de Santiago de Compostela (A Coruña). Profesora que supervisou o traballo: Dª Mercedes Espiño Amil.
Os premios serán entregados nun acto que se desenvolverá na sede do Parlamento de Galicia o vindeiro 5 de xuño.
O xurado desta III edición do Concurso Escolar do Parlamento de Galicia (na fotografía) estivo presidido polo vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; e integrado pola vicesecretaria da Mesa do Parlamento, Concepción Burgo; pola presidenta da Comisión 4ª, Educación e Cultura, Mª Soledad Piñeiro (por delegación da presidenta da Cámara); e polos deputados Vicente Docasar Docasar (en representación da vicepresidenta primeira), e Moisés Blanco Paradelo (por delegación do secretario da Mesa). O profesor Xosé Manuel Rosales Noves formou parte do xurado como docente proposto pola Presidencia do Parlamento de Galicia.



















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



