Foz, 31 de maio de 2013. Foz acollerá o vindeiro 8 de xuño unha concentración de coches clásicos, organizada por un grupo de amigos que posúen vehículos deste tipo. Contan coa colaboración da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos e o Concello.
Un dos organizadores Alberto Rodríguez Calvo explica que “un grupo de amigos reunímonos e decidimos facer esta concentración de coches, motos e camións de máis de 25 anos de antigüidade. Ata a data contamos con uns 40 vehículos dispostos a disfrutar desta concentración. Todos aqueles propietarios de coches antigos que queiran achegarse a Foz o 8 de xuño poden facelo. Para iso deben anotarse chamando ó seguinte número de teléfono: 670 979 852”.
Rodríguez Calvo agradece a colaboración de dúas asociacións de coches antigos de Mondoñedo e de Vegadeo e “tamén o apoio de ACIA Foz e o Concello”.
A concentración de coches clásicos dará comezo nas inmediacións da praia de A Rapadoira ás 11 da mañá. “Ata as 12:30 poderán anotarse. Logo teremos alí expostos os vehículos, daremos unha volta por Foz e despois comeremos no restaurante O Carro. Queremos animar ós afeccionados ós coches clásicos a que se acheguen tamén a vernos”, concluíu Alberto Rodríguez Calvo.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



