O alcalde, José María González Barcia, felicitou á asociación As Encaixeiras pola organización do evento, aludiu á súa vinculación co mundo marineiro e dixo que palillando poténcianse as relacións sociais. Para o rexedor esta fin de semana é a festa da muller en Burela dado que onte tivo lugar a inauguración da exposición de traballos dos cursos de tempo libre do CIM, nos que participaron 200 mulleres; hoxe máis de 600 mulleres asisten a este encontro de palilleiras e esta tarde as xogadoras do Burela FS poden converterse en campionas de liga. Gonzalez Barcia dixo que hoxe é un día moi importante e especial para Burela e engadiu que o Concello seguirá a colaborar coas Encaixeiras e que a Fundación Expomar organizará con elas o vindeiro ano este encontro.























Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



