O delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, xunto ao vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón; o catedrático de Antropoloxía Social da USC, Xaquín Rodríguez Campos, participaron esta mañá no salón de actos da Facultade de Humanidades de Lugo o IX Curso de Primavera da USC, que se desenvolverá neste mesmo escenario desde hoxe e até o venres 10 de maio. A crise que está a sufrir o mundo occidental, as súas posibles causas e as consecuencias serán obxecto de debate e análise nas distintas sesións programadas na novena edición dos Cursos de Primavera da USC.























Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



