A aula da OMIX do Concello de Xove acolleu unha nova actividade arredor da segunda edición da Escola de Familias. Un evento que está organizado pola OMIX de Xove. Concretamente realizouse a quinta xornada desta escola coa charla “Convivencia” a cargo do técnico Xosé Mosteiro, do Centro “Quérote +” da Xunta de Galicia. Nesta ocasión estudouse e analizouse a problemática das relacións entre pais e fillos. Para rematar coas actividades quedan dúas citas: o 14 de maio sobre “Uso responsable das novas tecnoloxías” e o 30 de maio sobre “Drogas”.
