O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, fai un chamamento a todo o pobo de Burela para que mañá ás 20:30 horas acudan á Casa e á praza do Concello a participar na recepción oficial que se ofrecerá ao Burela FSF, tras a súa proclamación coma campión de liga a pasada fin de semana.
O alcalde destaca a dificultade de acadar o título de campión de Liga de máxima categoría; así coma a repercusión que ten para unha localidade de dez mil habitantes que foi levada á cima do fútbol sala nacional. Por iso, anima aos veciños e veciñas de Burela, afeccionados ou non ó deporte, a participar na recepción oficial que se celebrará o xoves 16 de maio ás 20:30 no Concello. Así, pretenden agradecerlles de forma sinxela e humilde ás xogadoras, adestrador, corpo técnico, presidente, directivos e patrocinadores que teñan acadado o título máis prezado en calquera categoría deportiva, recoñecéndolles o inconmensurable mérito deste logro deportivo.