Foz, 20 de maio de 2013. O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, levará cabo xuntanzas cos veciños en todas as parroquias do municipio para coñecer de primeira man as necesidades de cada unha delas. A primeira será este mércores, día 22, ás 21 horas no local da asociación de veciños de Vilaronte. Castiñeira estará acompañado polo concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo, e polo presidente do colectivo veciñal.
O rexedor municipal focense explicou hoxe que “co obxectivo de tratar de acercar a administración ás parroquias de Foz o grupo de goberno decidiu facer todas as semanas unha reunión nunha parroquia para tratar xunto cos representantes das asociacións veciñais os problemas que xorden e ver con todos eles cales poden ser as solucións. Neste momento complexo cremos que é a nosa obriga e queremos facelo durante estes dous meses antes do verán para chegar ás oito parroquias. Polo tanto citamos a todos os veciños que así o desexen a acercarse para falar co alcalde e cos concelleiros e formular todas as dúbidas ou suxestións que teñan sobre a súa parroquia. Poden canalizarse a través dos seus representantes veciñais ou propiamente de forma directa nesa xuntanza”.
Javier Castiñeira anunciou que empezan este mércores ás nove da noite no local da asociación de veciños de Vilaronte e “a alí pódense acercar todos os veciños da parroquia que o desexen para charlar e ver entre todos cales son as problemáticas. Nun momento complexo cremos que é a obriga da administración tamén chegar ás parroquias nunha localidade coma Foz, na que cerca da metade da poboación está vivindo nas parroquias e hai unha problemática moi parecida en todas elas. Polo tanto necesitamos saber por parte dos veciños cales son as súas suxestións e as súas queixas tamén, que é ben certo que pode haber varias”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



