OS NACIONALISTAS CRITICAN QUE SO O BNG DEFENDERA NO PARLAMENTO EUROPEO MEDIDAS COMPENSATORIAS ANTE A DESAPARICIÓN DAS COTAS LÁCTEAS
Na mañá de hoxe, representantes do BNG levaron a cabo un reparto informativo no mercado da vila dentro da campaña posta en marcha esta semana baixo o lema “Non é unha crise, é un roubo”. No mercado ribadense, os nacionalistas trasladaron a súa análise da actual situación pola que está a atravesar a maioría da sociedade e como as medidas dos gobernos, tanto do Estado como da Xunta, non fan máis que afondar no empobrecemento da poboación fronte aos continuos salvavidas que lle facilitan á banca en forma de inxeccións de diñeiro público.
SUÁREZ AFIRMOU QUE A PESAR DA FALTA DE APOIOS O SECTOR AGRARIO E GANDEIRO SEGUE A SER PUNTEIRO NA ECONOMÍA DE RIBADEO E A OUTROS PUNTOS DA COMARCA.
Entre outros, participaron no reparto informativo o Responsábel local da formación nacionalista, o Vice-responsábel comarcal, Xoán Antón Estúa e o alcalde nacionalista de Ribadeo, Fernando Suárez, quen incidiu na “notoria desigualdade que se pode observar, por exemplo, entre a atención e o tratamento que os gobernos estatal e galego outorgan á banca en contraposición ao que lle prestan a sectores produtivos como o agro-gandeiro. Mentras á banca privada permíteselle todo e premiase con continuas inxecccións de diñeiro público, deíxase morrer de inanición ao sector agrario e gandeiro. Un sector que, aínda a día de hoxe e a pesares das dificultades coas que se atopa todos os días, segue a ser un sector punteiro no noso país e que xenera unha importante actividade económica por exemplo en Ribadeo e noutros puntos da nosa comarca.”
A REFORMA DA POLITICA AGRARIA COMÚN A PIQUES DE ENTRAR EN VIGOR AFONDA NA CRISE DUN SECTOR GANDEIRO ESENCIAL PARA A ECONOMÍA DE GALIZA
No mesmo sentido se manifestou o vice-responsábel comarcal, Xoán Antón Estúa, apuntando que “o que se bota en falta é que o Partido Popular amose a mesma contundencia e tenacidade que mostra cando se trata de salvar á banca cando do que se trata é de defender posicións que poden salvar ou, cando menos, non agudizar os problemas do sector agrario e gandeiro”. Nese sentido, Estúa non dubidou en calificar de “traición ás gandeiras e gandeiros galegos” a postura mantida polos europarlamentarios españois no debate da PAC a respecto das modificacións que se introducen, por exemplo, coa desaparición das cotas lácteas. O responsábel nacionalista explicou que “mentras o BNG defende que, para a desaparición das cotas lácteas, se cree un fondo de compensación que permita paliar os efectos que esta medida terá nas gandeirías galegas; o resto de parlamentarios españois néganse a crear este fondo, desoíndo as peticións do sector e aprofundando aínda máis os problemas do mesmo.”
O PARTIDO POPULAR FAI OÍDOS XORDOS Á HORA DE DEFENDER UN PREZO XUSTO PARA O LEITE
Igualmente, denunciaron “a falla de compromiso que amosa o Partido Popular cando se trata de defender un prezo xusto para o leite e sinalaron que desde a Xunta de Galiza nada se ten feito por garantir esta cuestión fundamental para o sector agrario galego, xa que se trata de garantir o dereito a poder vivir dignamente do propio traballo.”
Neste sentido, os nacionalistas insisten en calificar a actual situación económica como “un auténtico roubo, un saqueo ao pobo para salvar a banca e o grande capital” e animan á cidadanía a tomar conciencia a participar das mobilizacións que poida haber para demandar un cambio radical nas políticas que se están a levar a cabo.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



