Burela, 11 de maio de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, felicita ao Burela FSF, que acaba de proclamarse campión de liga da división de honra do fútbol sala feminino no partido disputado esta tarde na casa fronte ao Navalcarnero.
O rexedor destacou “o esforzo, a constancia e o traballo realizado polas xogadoras do Burela FSF ao longo de toda a tempada, que ven culminada deste importante xeito. Trátase dun momento histórico para o deporte burelés, para o deporte mariñán e para o deporte galego. Agora é momento de celebrar e disfrutar deste día e despois aínda lles queda por disputar a Copa de España, dentro de dúas semanas. Xa temos un título e agora imos a polo segundo. Desde o equipo de goberno queremos desexarlles moita sorte ao Burela FSF para este novo compromiso”.
No nome do Concello de Burela “quero felicitar ao Burela FSF, á súa directiva, ao seu corpo técnico e ás xogadoras que fixeron que todo o pobo, que toda a Mariña e que toda provincia se envorcase con elas neste partido tan importante”, indicou José Mª González Barcia.
O alcalde burelés tamén tivo palabras de agradecemento para a afección que sempre estivo arroupando, partido tras partido, ás xogadoras do Burela FS, “e quero destacar o seu comportamento exemplar”.
A recepción oficial que lle ofrecerá o Concello ao Burela FSF producirase ao longo dos vindeiros días.




















No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.



