Burela, 27 de maio de 2013. O Concello de Burela, a través da delegación municipal de Educación, impartirá no vindeiro mes de xuño tres novos cursos de informática que se desenvolverán na aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) da Xunta de Galicia.
O día 5 de xuño, mércores, empezarán dous cursos sobre O uso das redes sociais, nos que se ensinará aos participantes a entender que é unha rede social, así como a darse de alta e a empregar o facebook . Están dirixidos a persoas con coñecementos básicos de internet. Un deles impartirase de 11:00 a 13:00 horas e rematará o día 11 de xuño. O outro será de 16:30 18:30 horas e finalizará o día 12 do mesmo mes.
O terceiro curso será de Mecanografía para adultos e empezará tamén o 5 de xuño. Será impartido de 10 a 11 horas e rematará o día 28 do vindeiro mes. Con esta actividade ensinarse aos participantes a situar as mans no teclado para escribir de forma correcta, a memorizar a situación das teclas empregando para elo o programa libre Klavaro e a sentarse correctamente para non sufrir lesións.
Desde a Concellería de Educación lembran que “os equipos e a internet da aula da Rede CeMIT de Burela poden ser utilizados libremente de 13:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 20:00 horas”.
Os interesados en inscribirse ou solicitar máis información sobre as actividades da aula da Rede Cemit poden facelo nas propias dependencias, que están na Casa da Xuventude de Burela (Rúa do Cancelo, 1) ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.burela@xunta.es.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



