• Os populares acusan ó PSOE de mentir e xenerar alarma social.
• “Alfredo Llano anunciou por dúas veces un investimento que nunca chegou. Os socialistas non son de fiar”, afirman os populares.
Burela, a 10 de maio de 2013.- O Partido Popular de Burela saiu hoxe ó paso das declaración feitas polo PSOE burelés en relación co desmantelamento do Hospital. En concreto, fanlle unha pregunta directa ós socialistas: Qué servicios se teñen perdido no Hospital desde hai catro anos.
Segundo os populares, “o PSOE leva falando do desmantelamento do Hospital desde a chegada de Núñez Feijóo á Xunta, hai catro anos; os cidadáns ven o que vemos todos, que non hai tal desmantelamento, e que ese pretendido desmantelamento só existe nas cabezas dos socialistas”.
Deste xeito, segundo o PP burelés, “todo o que están a decir son unha sarta de mentiras e enganos tendentes únicamente a xenerar alarma social. Ainda que o certo é que levan mentindo desde hai moitos anos, porque cando había bipartitos na Xunta e no concello de Burela, o por aquela alcalde Alfredo Llano xa mentiu, decindo por dúas veces no pleno burelés que a Xunta investiría sete millóns de euros na ampliación do Hospital”.
Para os populares, “o resultado daquela mentira foi evidente, foi solo fume usado para ocultar as miserias da Xunta de Touriño e Quintana, que investiron CERO euros no Hospital”.
O certo é, segundo os populares, que “o que lles doe ós socialistas é que fose un goberno do PP presidido por Núñez Feijoo quen anunciase a licitación do Plano Director do Hospital, documento imprescindible para levar a cabo a ampliación, algo que eles foron incapaces de facer”.
O PP de Burela remata dicindo que “o tempo da e quita razón, e co paso dos días xa se ve quen vai tendo razón e quen non a tén”.