O Grupo Municipal Popular de Viveiro a través do seu concelleiro Celestino García Paz fai público mediante un comunicado varios rogos e preguntas que realizarán no vindeiro pleno ó alcalde do Concello.
Rogos
– Ante as queixas recibidas por parte de varios veciños dos barrios de Barbeito e Aura ó lado da carreteira dende Outeiro de Magazos ata Valdemirós en San Pedro, e polo que rogan se coloquen sinais de límite de velocidade, tanto para a seguridade dos peóns como dos automobilistas.
– O Grupo municipal do PP, xa presentou no pleno do 25 de maio de 2009, un rogo para adecentar e eliminar as augas estancadas nunha construción dos Molineros na rúa Emilio Bouza Basanta, a carón das vivendas de O Pedregal en Covas e que se encontra parada dende hai tempo. Por este motivo, rogan unha vez máis, que se lle requira ó construtor e dono da finca para que á maior brevidade posible, adecente, limpe e elimine o oco das augas estancadas, “que o único que fan e producir un cheiro nauseabundo e pragas de mosquitos”, así como, que se adecente o peche do mesmo.
– Veciños da rúa Emilio Bouza Basanta e do barrio do Pedregal de Covas, quéixanse da presencia de ratas, principalmente nas zonas cercanas ós contedores da basura, polo que rogan que se adopten as medidas oportunas para eliminar a presencia destes animais.
– Na Praza de Lugo non existe ningún paso de peóns para acceder á rotonda de dita praza, ben como zona de ocio ou simplemente para o acceso ós contedores soterrados, co conseguinte perigo para os viandantes, motivo polo que rogan que os técnicos do Concello ou ben a Policía Local elabore un informe para ver a posible colocación dun paso de peóns dende a esquina do BBVA e outro dende a esquina da farmacia de Sara Varela cara a mencionada rotonda.
– Varios Concellos de A Mariña coma Xove, e Burela, teñen instalados depósitos para a recollida de aceites usados, como unha forma de contribuír á mellora do medio ambiente, motivo polo que roga o PP de Viveiro ó goberno local que realice as xestións necesarias coa empresa que se encarga desta recollida na Mariña, por si fora do interese do Concello que tamén se efectúe.
Preguntas
Ademais, o Grupo Popular vivairense realizará as seguintes preguntas sobre as que desexa obter a correspondente resposta, ben oral ou ben escrita.
Segundo os populares, a comezos de xaneiro deste ano 2013, o goberno local afirmaba en distintos medios de comunicación escritos, a negociación coas dúas comercializadoras eléctricas E-ON e GAS NATURAL para unha redución do custe enerxético coa pretensión de aforrar un 25%. Por iso, preguntarán se se está a negociar con estas compañías, en caso afirmativo quén é o responsable de dita negociación e de habela en qué punto se atopa a día de hoxe.
No pleno do dia 29 de Novembro de 2012 , o grupo municipal popular preguntaba ó alcalde, Melchor Roel, para cándo estaba prevista a posta en servizo do saneamento dos Barrios de Hermosende , Pontigo e Parraguesa da parroquia de Galdo, sendo a súa a resposta que “sería para esta semana , cando autoricen enchufar entrará en funcionamento”. Despois de seis meses, o PP de Viveiro afirma que a dia de hoxe a situación está igual ou parecida, motivo polo que lle farán a mesma pregunta: para cándo está previsto a posta en servizo do saneamento dos Barrios de Pontigo, Hermosende e Parraguesa da parroquia de Galdo.