Foz, 9 de maio de 2013. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, reuniuse hoxe con responsables da empresa E.ON, que é a comercializadora que subministra a electricidade ao Concello. Na xuntanza queixouse do incumprimento da lei na facturación e de como fixeron o cambio dos contadores. Tamén lles anunciou que está facendo trámites para pagar facturas atrasadas.
Javier Castiñeira explicou que “na reunión mantida no día de hoxe cos responsables da empresa E.ON, a comercializadora que subministra enerxía eléctrica ao Concello de Foz, puidemos contrastar diferentes opinións. Dende o propio Concello presentamos as queixas, sobre todo polo desorde que está habendo á hora de facturar, porque non é capaz de ter organizados os consumos e as contratacións. A intención do Concello é saber en que podemos mellorar e a día de hoxe tal e como está organizada a facturación non había maneira. Vamos esperar que por parte dos responsables de E.ON cumpran co que establece a lei, que fagan periodicamente a facturación correspondente a cada subministro e a cada mes. Outra queixa importante foi que, como ao resto dos veciños, o cambio de contadores non se levou de forma planificada nin se avisou e é certo que os contadores antigos tiñan unhas lecturas e ninguén sabe como se fixeron. Polo tanto fixemos esa chamada de atención evidentemente á empresa comercializadora”.
O rexedor municipal tamén manifestou que “E.ON reclama o pagamento dunha serie de facturas atrasadas por parte do Concello de Foz e nós vamos facer un plan de pago. Neste caso temos unha operación de tesourería xa firmada e concedida para mellorar esa liquidez e os pagos. Tamén é certo que algunhas das facturas de E.ON van ir no recoñecemento extraxudicial que imos levar ao próximo pleno”.
Por todo isto Castiñeira considera que a reunión “tivo un bo resultado para todos”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



