O Valadouro, 30 de maio de 2013.- O Partido Popular denunciou hoxe que logo de case sete días PSOE, Udival e BNG aínda non fixeron público o pacto asinado no concello do Valadouro. Un feito que cualifican como “dunha estafa democrática” xa que logo permitirá chegar á Alcaldía do Valadouro e ao Goberno municipal “cun programa oculto”.
Desde o PP fixeron estas estas declaracións nunha rolda de prensa na que o secretario xeral provincial Jose Manuel Balseiro estivo acompañado do actual alcalde do Valadouro, o popular Jose Manuel Lamela, da vicesecretaria provincial dos populares lucenses, Elena Candia e do deputado mariñán Vidal Martínez-Sierra.
OS VECIÑOS TEÑEN DEREITO A COÑECELO
Os populares emprazaron ás tres formacións políticas asinantes da moción de censura a “non esperar nin un minuto máis e facer público a integridade do documento notarial, “porque os veciños do Valadouro teñen dereito a saber que condicións, con que cláusulas e que compromisos unen aos asinantes do pacto”
Desde o PP sospeitan que a integridade do documento notarial segue en segredo porque contén cláusulas moito máis graves das que veñen a poñer prezo -100.000€- á gobernabilidade do Valadouro. Lembremos que socialistas e independentes locais, coa complicidade do BNG, comprometéronse mutuamente a pagar esa indemnización en caso de ruptura do pacto de goberno.
“Esta non sería a primeira vez que estas tres forzas políticas negocian cuestións alleas aos intereses dos veciños” aseguran desde o PP quen tamén denuncia que defender “como se fora de total normalidade a indemnización pactada” é tanto como “poñer en suspenso a democracia: Non hai principios, non hai valores, non hai programa, tan só móvelles un interese económico”
O PP constatou que os veciños “observan sen case crelo como mercadean” co concello do Valadouro e insistiu en que aquí non estamos ante unha moción de censura “ao uso, que aínda que non compartimos sería lexítimo, senon que nos atopamos ante un acordo para poñer prezocon esta alcaldía”
BESTEIRO INSTIGADOR
Para os populares na estratexia de ocultación do pacto hai dous responsables directos: os concelleiros socialistas e os edís de Udival e tamén o concelleiro do BNG como cómplice necesario desta estafa democrática.
Con todo insistiron en identificar ao seu máximo instigador a Jose Ramón Gómez Besteiro, o aspirante a liderar o PSdeG e tamén secretario xeral do PSOE en Lugo. Ante o seu silencio de Besteiro volveron a preguntar “se o de Valadouro é o modelo que segue e seguirá, e se defende poñer prezo aos gobernos de coalición”
“Son respostas que Besteiro oculta. Pedimos que actúe con responsabilidade e rectifique, porque o dano que fan é moi grande. Este señor sabe que O Valadouro –concluíron desde o PP- está moito por riba dos seus futuros gobernantes”.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



