Segundo a voceira de Medio Rural, Isabel García Pacín “temos que apostar todos por salvar a factoría, o merece a comarca e a xente que se implicou neste tempo coa xestión, poñendo dacordo as partes cos medios ao noso alcance”.
“Non escatiman en mentiras, en dicir cousas dispares ou mesmo buscar argumentacións políticamente aproveitables para atacar a xestión do Goberno galego en vez de buscar unha implicación para que o proxecto poida seguir adiante” segundo a voceira popular.
“A oposición non é quen de dar leccións xa que na pasada lexislatura foron os socialistas os que deixaron a factoría Puleva en mans de investimentos franceses, aínda estando participada polo goberno central, mentres que agora se trata dunha iniciativa empresarial privada” indicou Isabel García Pacín.
Santiago, 14 de maio de 2013.- A voceira de Medio Rural do PPdeG, Isabel García Pacín, lamentou hoxe no pleno do Parlamento que “a oposición se dedique a facer ruído coa rumoroloxía danando as negociacións e o proceso para salvar Alimentos Lácteos”. A voceira popular indicou que en vez de iso “todos temos que apostar por salvar a factoría, o merece a comarca e a xente que se implicou neste tempo coa xestión, poñendo dacordo as partes cos medios ao noso alcance e que non lles quede ningún resquemor aos traballadores sobre o apoio total do Grupo Popular e da Xunta neste proceso de tanto calado para chegar a unha solución nos que os cooperativistas e os produtores sexan os maiores beneficiados”.
A deputada popular sinalou que “dende o primeiro momento a Xunta apoiou e segue a apoiar o proxecto mentres que a oposición sempre se situou na crítica non constructiva e non escatimou en contar mentiras e dicir cousas dispares ou mesmo buscar argumentacións políticamente aproveitables para atacar a xestión do Goberno galego en vez de buscar unha implicación para que o proxecto poida seguir adiante”.
“A oposición non é quen de dar leccións xa que na pasada lexislatura foron os socialistas os que deixaron a factoría Puleva en mans de investimentos franceses, aínda estando participada polo goberno central, mentres que agora se trata dunha iniciativa empresarial privada” indicou a voceira popular.
Isabel García Pacín fixo estas manifestacións na súa intervención no pleno do Parlamento nunha iniciativa do BNG que pretendía que a Xunta “substituira a unha iniciativa empresarial privada como é a factoría da que a Xunta non é propietaria e aínda así tanto os gandeiros como os transportistas e o comité de empresa saben que teñen o apoio decidido e responsable, tanto económico como político, e confían no traballo riguroso da Xunta de Galicia”. A iniciativa nacionalista pretendía que o Goberno galego presentara un plan e demandaba reunións de todas as partes implicadas “cando o que ten que facer o Goberno galego e estar ahí mediando e intentando poñer as partes dacordo cos xenerosos medios ao seu alcance e hoxe mesmo Xesgalicia recibiu ao Comité de Empresa” segundo a voceira popular.
García Pacín indicou que “o sector lácteo galego está a vivir momentos difíciles e necesita o apoio decidido dos gobernos autonómicos e locais e que todos arrimen o hombro para apostar polo sector e non utilizar as dificultades deste colectivo para conseguir réditos políticos”.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



