Burela, 21 de maio de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, acompañou ao Burela FSF á recepción que este mediodía lle ofreceu ao equipo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.
O rexedor dixo que “as rapazas do Burela FSF conseguiron un fito histórico para Burela, un título que realza o nome do noso pobo” e agradeceulle ao presidente da Xunta “o xesto, o detalle de recibir a un equipo campión que representa a un pobo de 10.000 habitantes”.
Ao acto desenvolvido en Santiago tamén asistiu o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o xefe do servizo provincial de Deportes en Lugo, Manuel Otero.