Os socialistas defenderán no Parlamento que o PP retire o anteproxecto de lei e abra un proceso de diálogo coa comunidade educativa, porque “se non rectifican, darase un paso atrás de dimensións históricas”
O secretario de Educación provincial, Carlos Ferreiro, lamenta a “repercusión directa que esta lei terá en Lugo” por ser “un ataque ao ensino público no rural e fomentar o desequilibrio territorial”
O deputado autonómico e voceiro de Educación do PSdeG, Vicente Docasar, anunciou esta mañá o apoio dos socialistas á folga xeral e as manifestacións que terán lugar mañá en toda Galicia, e esixiulle ao PP “que escoite o que vai pasar nas rúas” porque “por vez primeira haberá unha folga á que se suma toda a comunidade educativa, desde primaria ata a Universidade, polo que non pode ignorar este berro da educación sen precedentes”.
Asimesmo, o socialista anunciou que o PSdeG levará ao próximo pleno do Parlamento galego unha proposición non de lei que esixe “a retirada do Anteproxecto da LOMCE” e a “apertura dun proceso de diálogo” cos representantes do sector educativo no centro do debate, porque “se non son quen de rectificar, darase un paso atrás de dimensións históricas”. Docasar lembrou que “esta lei de Educación que pretenden tamén é histórica” porque “vai ter por vez primeira en contra a todos os partidos da oposición”, algo que nunca sucedeu coas lexislacións educativas do PSOE, e porque “leva a educación 40 anos atrás”. Neste sentido, destacou que o PP “ten enfronte a expertos, familias, mestres, sindicatos e alumnos” porque “non ten buscado consenso coa súa maneira habitual de gobernar, coa que cre que unha maioría absoluta dá dereito a facer o que lles veña en gaña”.
Entre as “inxustizas” que “dan para atrás a todo o conseguido nos últimos anos”, Docasar destaca que a LOMCE é “unha lei profundamente ideolóxica” que pretende “segregar alumnos desde moi cedo e ir cara un modelo elitista e de clases sociais” e que “non escoita tampouco o punto de vista das comunidades”, ademais de eliminar asignaturas como Educación para a Cidadanía, “que existe en toda Europa, pero parece que aquí formar cidadáns non importa” porque “só se ten en conta ao sector privado, aos obispos e a Fundación FAES”. Ante isto, Docasar esíxelle ao PP que abandone “a soberbia e a prepotencia” e ofrece a colaboración dos socialistas para “conseguir unha lei que lles dea estabilidade e un marco estable aos profesionais do ensino, que eles esixen a berros e que a política ten que darlles”.
Os socialistas destacan ademais os recortes previstos en Educación e comprometidos con Bruxelas polo Goberno de Rajoy, que suman 11.000 millóns de euros ata 2015, e cos que en España pasarase dun 4,7% de investimento educativo a un 4%, “cando a media europea está situada no 5,5%”.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



