Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Foz queremos denunciar que o Concello de Foz foi o único dos 49 municipios da provincia que estaban adheridos á primeira fase do Programa Innova-TE, que non se sumou á segunda fase do mesmo dentro do prazo concedido a tódolos concellos, que rematou o día 15 de maio, rexeitando así a continuidade dos servizos tecnolóxicos dos que se beneficiaba na actualidade de xeito totalmente gratuíto, como son o mantemento dun equipamento informático, a conexión a internet de banda ancha de 10 megas (das máis altas que a Deputación de Lugo ofreceu ós Concellos acollidos ó Programa Innova-TE), e a posibilidade de xestionar a través de internet numerosos procedementos administrativos.
Así mesmo, deste xeito, se están desaproveitando os novos servizos que o Programa Innova-TE pon a disposición nesta segunda fase a tódolos concellos adheridos, sen ningún tipo de coste para os mesmos, como son as prazas e casas consistoriais wifi, a través das cales os nosos mozos e mozas e calquera veciño se poderían conectar a internet de xeito totalmente libre e gratuíto; un estudio de adaptación dos ficheiros municipais á Lei Orgánica de Protección de Datos de carácter persoal, que vai a ser obrigatorio por imperativo legal a partir do ano 2014; a posta en marcha da Administración electrónica, cun catálogo de procedementos mediante os cales os nosos veciños poderían facer trámites coa administración dende as súas casas a través de internet; un servizo de páxina web co seu correspondente mantemento durante varios anos tamén de xeito gratuíto; e un asesoramento persoalizado por medio da rede de dinamizadores de dito programa, que ofrecen formación tecnolóxica aos traballadores municipais de forma rotativa por tódolos concellos da provincia.
A voceira municipal socialista, Rosa Pérez Gradaílle, esixirá ao alcalde no Pleno do vindeiro xoves unha explicación por esta situación que considera intolerable, tendo en conta que “polo Concello se inverteron 28.500 euros na contratación da ferramenta informática “GESTIONA”, que ofrece unha empresa privada de Zaragoza, mentres a Deputación de Lugo está prestando, por medio do Programa Innova-TE, cofinanciado nun 70 % con Fondos Europeos, un servizo moito máis amplo con carácter totalmente gratuíto. Polo que o alcalde terá que xustificar cal é o seu interese en inverter semellante suma na contratación de dita ferramenta informática, tendo en conta que sempre se está a lamentar da precaria situación económica do noso Concello.”



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



