Ribadeo, 29 de maio de 2013. A tapa do hotel Bouza foi a máis votada polo público que disfrutou do concurso gastronómico Ribadeo de tapeo, celebrado do 10 ao 19 de maio e no que participaron 55 bares, mesóns e restaurantes. O montadiño de ibérico en mollo de mazá sobre pataca panadeira foi a tapa elixida como a mellor polos centos de persoas que depositaron as súas tarxetas nas urnas instaladas nos locais que se deron cita na oitava edición do Ribadeo de tapeo.
O hotel Bouza recibirá o vindeiro venres, 31 de maio, o seu galardón xunto a La Solana, La Villa e O Tumbín, que foron os tres locais elixidos por un xurado profesional coma os que ofreceron as mellores creacións da cociña en miniatura.
O acto, que terá lugar no salón de plenos do Concello de Ribadeo a partires das 18 horas, contará coa presenza do alcalde, Fernando Suárez, e da concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez.
Tamén se fará entrega dos agasallos a aquelas persoas que probaron máis tapas durante o Ribadeo de tapeo. As que consumiron máis de 20 e deixaron as súas tarxetas nas urnas entraron no sorteo de premios como noites de hotel, voos en avioneta, fins de semana en casas de turismo rural, cursos de surf ou bonos de consumo para a praza de abastos. Para converterse en Lapeiro de ouro do Ribadeo de tapeo había que ter o selo dos 55 locais participantes.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



