As asociacións pesqueiras, reunidas no marco do XIV Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras co amparo da Fundación Expomar, apelan á responsabilidade dos representantes políticos, en especial aos do Parlamento Europeo, para que teñan en conta a situación dos stocks e as pesqueiras e necesidades dos homes e mulleres do sector pesqueiro, mantendo o equilibrio entre os aspectos medioambientais e sociais e económicos.
Así mesmo, desexan lanzar unha mensaxe de tranquilidade e optimismo á cidadanía en relación ao estado dos stocks pesqueiros; xa que, “pese ás catastróficas e apocalípticas afirmacións de certos grupos medioambientais, moitas das especies pesqueiras ás que se dirixe a flota representada polas nosas asociacións se atopa, segundo opinión científica, en niveis de RMS, e a práctica totalidade dentro dos límites biolóxicos de seguridade, en camiño cara o RMS. De feito a constatación diaria dos nosos mariñeiros na mar, que sempre foi ratificada posteriormente polos propios científicos, nos mostra que a situación é aínda mellor”.
Dende as asociacións engaden que “pese a iso, por parte das organizacións medioambientais de forma interesada queren trasladar unha definición sesgada do termo sostibilidade, facendo dubidar aos cidadáns sobre a situación real dos stocks. Trátase de modificar, amoldar e acomodar a realidade aos seus intereses, en moitos casos moi lonxe da protección do medio ambiente que pregonan”.
As asociacións pesqueiras, lamentan que “desgraciadamente estas entidades asumiran un peso moi importante no ámbito da Política Común de Pesca, sendo capaces de impoñer as súas opinións no desenvolvemento da súa reforma. E fano dunha forma non directa, exercendo presións de lobby que fan que as propostas presentadas pola Comisión Europea máis parezan feitas por elas mesmas que pola Comisaria de Pesca.
Fronte a isto, “pese á nosa situación en relación cos recursos segundo o exposto anteriormente, e ao feito comprobado de ser unha actividade extensamente regulada -xa que máis de 1.000 disposicións nos atanen- e controlada, ata agora non fomos capaces de trasladar aos órganos decisorios e á opinión pública, a realidade e a especial incidencia socio-económica do sector pesqueiro nas zonas costeiras do noso país”, afirman.
Polo tanto, critican que “o sistema de toma de decisións na Unión Europea fai que teña máis voz, polo menos se teñan máis en conta as opinións e ideas preconcibidas das organizacións medioambientais, que a realidade da pesca. Pese a ter con nos a razón, nos vemos con moitas dificultades para facela valer, precisamente polo traballo organizado destes grupos de presión que distorsionan a realidade”.
Finalmente, conclúen argumentando que “o sector pesqueiro é tamén parte da sociedade civil: os homes e mulleres que viven da pesca non poden ser obviados na toma de decisións para a xestión da súa actividade. Somos os máis interesados no futuro da pesca e para iso fixemos os esforzos e axustes que permitiron que se recuperen os stocks, pese a que moitos neguen esa realidade”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



