A asociación fotográfica Os Negativos de Viveiro organizan unha viaxe para participar na KDD en Oporto que se celebrará na ponte das Letras Galegas, dende o venres 17 que un microbús partirá da estación de autobuses de Viveiro ás sete e media da mañá ata a tarde-noite do domingo 19 que está prevista a volta. A viaxe está aberta a todas as persoas afeccioadas á fotografía sexan socios ou non da asociación así como ós seus compañeiros ou compañeiras. O prezo da viaxe, para a que aínda quedan prazas libres, será de 46 euros para os socios e de 96 para os non socios co desprazamento incluído e a estancia no Hotel B&B Porto Centro en réxime de aloxamento e almorzo. O pagamento realizarase na conta do Banco Pastor nº 0072 0241 13 0000201720 indicando en concepto VIAXE A OPORTO e o nome dos viaxeiros.
Os Negativos viaxan a Oporto
Os Negativos viaxan a Oporto
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón