A ÁREA DE DEPORTE DA DEPUTACIÓN COLABORA NA ORGANIZACIÓN DA REGATA DO CAMPIONATO GALEGO DE VELA DA CLASE OPTIMIST

Foz, 29 de maio de 2013. O vicepresidente da Deputación e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, participou, esta mañá, na presentación da regata do Campionato Galego de Vela da Clase Optimist que se disputará en augas do golfo do Masma, en Foz, esta fin de semana.
Esta proba, a máis importante que organiza o Club Náutico de Foz, e que conta colaboración coa Vicepresidencia do ente provincial, o concello de Foz e a Federación Galega de Vela congregará aos 7 mellores equipos de Galiza. Cada equipo está formado por cinco deportistas, dos cales regatean 4 mentres un queda de reserva.
Durante a súa intervención, Antonio Veiga explicou que “fomentar o deporte dende a base é un dos principais piares sobre os que se sustenta a área de Deporte da Deputación de Lugo, polo que non podiamos deixar de colaborar coa posta en marcha desta cita deportiva na que rapaces con idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos poñen en práctica os coñecementos e habilidades que adquiren durante os seus adestramentos ao longo de todo o ano”.
“Pode dicirse – continuou o vicepresidente- que a regata do campionato galego da Clase Optimist cumpre un dobre cometido xa que, ademais de incentivar un hábito de vida saudábel, promove as relacións sociais entre as crianzas e as súas familias”.
O programa de actividades comezará mañá, venres 31 de maio, cunha xuntanza entre adestradores e xefes de equipo, e prolongarase durante o sábado e domingo, con sendas regatas que se disputarán en horario de mañá, ás 11:00 e as 10:00 horas, respectivamente. Unha vez finalicen as probas, o domingo, a partir das 18.00 horas, procederase á entrega de premios
O sistema de competición divídese en tres fases, de maneira que na primeira delas compiten todos contra todos, na segunda enfróntanse os catro primeiros clasificados entre si, e os catro segundos entre si, mentres que na terceira fase compiten o primeiro contra o segundo, e o segundo contra o terceiro. O equipo gañador do Campionato Galego representará a Galiza nas competicións de vela nacionais e internacionais.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
