CERVO, 29 DE MAIO. Os membros do Grupo Municipal Socialista de Cervo solicitaron no día de hoxe que o señor alcalde, Alfonso Villares, “inclúa na orde do día do pleno convocado para mañá todos e cada un dos puntos que quedaron por debater na sesión que foi suspendida o pasado día 9 de maio, cando varias persoas amosaron unha pancarta en defensa da sanidade na nosa comarca”.
Subliñan que “a normativa vixente de aplicación neste casos contempla que os asuntos non debatidos deberán incluírse na orde do día da seguinte sesión. Consideramos, unha vez máis, esta actitude como un acto antidemocrático por parte do equipo de goberno do PP, pedímoslles que rectifiquen e se traten tódolos puntos que nos quedaron sen resolver”.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, suspendeu o último pleno cando “se estaba debatendo a urxencia dunha moción relativa á defensa da autonomía da área sanitaria de A Mariña e restaba tamén o tempo para rogos e preguntas. Na convocatoria para a presente sesión plenaria non aparecen incorporados á orde do día os asuntos non debatidos nin votados, temos todo o dereito a retomar o pleno onde foi deixado e agardamos que o goberno municipal non poña máis trabas”.
Engaden que “con esta maneira de actuar o goberno local amosa a súa falta de preocupación polos temas relevantes para o Concello. O único que se deduce é que non se interesan nin o máis mínimo por defender os servizos sanitarios do Hospital da Costa, en contra do que habitualmente adoitan transmitir a través dos medios de comunicación”.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



