Este pasado xoves, día 23, o programa Parolando da Radio Valadouro dedicou o seu coloquio á vida no mar, co gallo da inauguración da feira de EXPOMAR en Burela. Estiveron no noso coloquio Mercedes Rodríguez Moreda, Xerente da OPP 07 (Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo), Ramón Reimunde (oficial da mariña mercante xubilado) e Juan Fraga (pescador xubilado). Matías Nicieza entrevistou a Xosé Díaz, administrador e propietario da fábrica de cerámica de Sargadelos, que vén de recibir a cualificación de Ben de Interese Cultural e a Nicola Bermingham, profesora irlandesa que está estes días en Burela para coñecer o Modelo Burela. Pola súa banda, Sabela Quirós entrevistou a Encarna Santos, educadora do programa Educando en Familia, que substitúe á desaparecida Preescolar na Casa.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



