Lugo, 24 de maio de 2013. “O proxecto de reforma da administración local proposto polo Partido Popular suporá unha recentralización do Estado e unha redución das competencias dos concellos deixándoos inútiles para os veciños e veciñas ao limitar o seu desenvolvemento económico e social de acordo ás súas particularidades”. Así o denunciou, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, o vicepresidente da Deputación de Lugo e delegado das áreas de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, quen acusou ao Goberno central de “estar cometendo un asalto ao poder local e un novo atraco contra o pobo, xa que está abrindo as portas a un gran ERE na administración local que afectará, principalmente, ao persoal laboral, que é maioría nos concellos pequenos”.
Desde a Vicepresidencia da institución provincial opóñense a esta reforma ao entender que forma parte da ofensiva unificadora e recentralizadora emprendida polo presidente Mariano Rajoy e apoiada polo presidente de Galiza, Núñez Feijóo, e cuxo fin último é a desaparición dos concellos do rural e das comarcas mentres as capitais de provincia gañen peso. “Todas as políticas que se están levando a cabo desde o Estado – explicou Veiga- camiñan cara a recentralización que se iniciou coa implantación das áreas sanitarias de xestión integrada, que para Lugo está a supoñer o desmantelamento dos hospitais de Burela e Monforte que xa dependen do HULA, proseguiu coa reorganziación das oficinas da Axencia Tributaria, que se traducirá no feche das oficinas de Facenda de Foz e Monforte, continuou co anuncio da proposta de reforma da Lei de Plantas que establece a supresión dos xulgados de Mondoñedo e Viveiro e dos partidos xudiciais de A Fonsagrada, Becerreá, Sarria, Chantada, Monforte, Mondoñedo, Vilalba e Viveiro, e o punto álxido desta liña de políticas coas que se tenta dar pulo as capitais de provincia, alcánzase coa proposta de reforma da administración local que se está a debater no marco da Federación Española de Municipios e Provincias. A Xunta non é allea a este obxectivo ao que contribúe deixando sen servizos sociais aos concellos de menos de 20.000 habitantes nos que se nega a cofinanciar servizos sociais e comunitarios vitais para milleiros de lucenses como o Servizo de Axuda no Fogar ou as unidades de traballo social”.
As políticas populares están decretando dous tipos de concellos, concellos de primeira e segunda categoría, e de aprobarse a reforma da administración local, Lugo sería unha das provincias máis afectadas de todo o Estado en canto o texto proposto establece que os concellos con menos de 20.000 habitantes, que son todos os lucenses agás a capital da provincia, terían que deixar en mans da institución provincial servizos municipais que non cumpran os estándares de calidade que se establecerán mediante Real Decreto.
“Coa proposta lexislativa avanzada –precisou o vicepresidente- un informe dos servizos de intervención será suficiente para que os concellos non poidan implementar políticas sociais, políticas turísticas, de fomento do emprego ou mesmo iniciativas deportivas. Será, polo tanto, indiferente a cor do partido no goberno porque o alcalde e os concelleiros terán nula capacidade de decisión, o que se traduce, tamén, na morte da democracia representativa. O Partido Popular camiña así cara os gobernos dos técnicos, outra das premisas da lóxica neoliberal”.
Antonio Veiga alerta de que “o maior problema é que os servizos que se deixan de prestar é difícil volver a recuperalos. O Partido Popular quere retrotraernos 50 anos afastando os servizos do pobo e que os veciños e veciñas do rural teñan que desprazarse á cidade para facer calquera xestión. Estamos entrando no século XXI pero parece que estamos viaxando cara atrás no tempo e voltamos a mediados do século XX”.
Copa Deputación de Fútbol
Antonio Veiga informou que na Xunta de Goberno de hoxe se aprobou o gasto da Copa Deputación de Fútbol para o ano 2013, que ascende a 87.000 euros, a repartir tanto en premios como en función da participación, xa que todos os equipos reciben unha asignación económica por partido xogado.
Esta é unha competición totalmente consolidada que este ano acada a súa trixésima edición e que se ten convertido en todo un referente para os clubs a nivel económico ao mesmo tempo que serve como apoio ao deporte de base, un dos piares básicos da área de Deporte da Deputación.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



