Corenta sendeiristas de Pasada das Cabras de Burela trasladáronse a Ortigueira este sábado para realizar a ruta Senda Costeira desta vila. Para iso, e por primeira vez, utilizaron o ferrocarril da Costa –Feve-, sendo para algún dos camiñantes o primeiro contacto con este medio de locomoción. En Ortigueira comezaron a ruta nos xardíns do Malecón onde existen árbores centenarios, para chegar ó embarcadoiro da área recreativa de O Murito. Seguindo pola senda visitamos o observatorio ornitolóxico e a continuación a Lagoa de San Martiño. Dende aquí recorreron a praia de Morouzos ata a illa de San Vicente, á que non puideron acceder ao coincidir con marea alta. Da praia de Morouzos pasaron ó piñeiral onde se celebra o multitudinario Festival Celta de Ortigueira para finalizar a camiñata en Ortigueira visitando os lugares de maior interese: o Barrio do Ponto (primeiro poboado da vila) cun muíño de vento recentemente rehabilitado, a Calle Real e os Cantóns no corazón da vila, a Biblioteca municipal (antigo grupo escolar construído en 1909), o edificio do Antigo Mercado, de 1917, e o conxunto conventual e Igrexa parroquial, de primeira metade do século XVI. Para finalizar repuxemos forzas cun xantar no restaurante Río Sor. A volta, tamén no Feve, permitiulles volver a desfrutar das fantásticas vistas da costa mariñá.
