Ribadeo, 7 de maio de 2013. Rematan as obras de axardinamento que o Concello está a acometer nos Canapés. Os traballos supoñen un investimento de 12.000 euros, segundo o alcalde.
Fernando Suárez quixo dar conta hoxe “do remate desta segunda fase das obras de axardinamento da zona dos Canapés, nas proximidades da rotonda do Xardín, que é a entrada de Ribadeo e estamos sementando, nivelando, canalizando para sacar as augas e tamén estivemos facendo un paseo central de zahorra compactada, que nos custou uns 12.000 euros de fondos propios municipais, que veñen acompañados dos outros 30.000 que hai escasamente dous meses investimos tamén na creación dese novo parque infantil que hai alí anexo”.
Para o rexedor ribadense “ao que estamos contribuíndo é desde logo a crear un espazo público con parque infantil e zona verde para o lecer e para o ocio das persoas, sobre todo dos nenos que viven nese barrio amplo do Xardín e tamén na avenida Rafael Fernández Cardoso”.
Suárez Barcia considera que “quedará polo tanto unha entrada a Ribadeo moi atractiva tanto polo coidado, pola estética, polo verde como tamén pola funcionalidade para os veciños e veciñas desa parte da vila”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



