A Sala Castelao continúa este xoves, 16 de maio, coas súas xornadas tributo ós grandes da música. Nesta ocasión, e debido ó festivo, a xornada tributo, que normalmente se celebra os venres, adelántase ó xoves e estará dedicada a AC/DC. O grupo Riff-Raff será o encargado de facer este peculiar tributo ós roqueiros nun concerto que se iniciará a medianoite e que terá un coste de 5 euros, con dereito a consumición. Neste ciclo de tributo, a vindeira semana será a quenda de Californic Action, que versionará a Red Hot Chili Peppers e de Rockaway, que tributa a Dire Straits. A programación da semana complétase o sábado, 18 de maio, co conceerto de The Trunks, ás 0:00 e cun coste de 5 euros.
Riff-Raff e The Trunks esta semana na Sala Castelao
Riff-Raff e The Trunks esta semana na Sala Castelao
Relacionado
-
O centro privado de Academia a Mariña impartirá o ciclo formativo de grao superior en Educación Infantil
-
Dobre presentación este xoves na libraría Bahía de Foz
-
Xa está aberto o prazo de inscrición para as “Mañás Activas” do Concello de Xove, orientadas á rapazada a partir de 10 anos con actividades organizadas polo Departamento de Deporte e Xuventude e a Oficina de Información Xuvenil