O grupo Rockaway pecha este venres en Sala Castelao de Lugo o mes tributo aos grandes do rock. Os ferroláns serán os encargados de traer as mellores cancións e a mellor músico de Dire Straits e será este venres día 31 de maio. Actualmente o grupo está formado por Luís Sandino (guitarra solista e voz), Óscar López Coki (guitarra rítmica e voces), Juan Cabana (guitarras e voces), Juan Vázquez (baixo), Javier Durán Txapú (batería e voces) e Javi Miranda (teclados e voces). O sábado, 1 de xuño, será o turno de Carta de Ajuste, un grupo que versiona temas dos oitenta e noventa da forma máis orixinal e en clave de humor. Ambos concertos comezarán á medianoite e terán un custe de 5 euros con dereito a consumición.
Rockaway e Carta de Ajuste tocan esta fin de semana na Sala Castelao
Rockaway e Carta de Ajuste tocan esta fin de semana na Sala Castelao
Relacionado
-
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu este luns a toma de posesión de Marta Villaverde como nova directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en substitución de Susana Rodríguez que viña desempeñando estas funcións desde o ano 2009
-
Deu comezo o pasado 1 de maio a Liga Galega de Traiñas Veterans, cun total de 11 xornadas
-
A Deputación apoiou ao Concello de Trabada para celebrar unha nova edición da Festa da Enfariñada