Os participantes atoparon un motor dunha embarcación e un tambor dunha lavadora entre outros restos
Cervo, 16 de maio de 2013-Un grupo de 35 persoas, entre voluntarios da Fundación Alcoa, membros do Club Limosa Surf, persoal do Concello así como o edil de Deportes, Luis Guillén participaron esta tarde na limpeza dun treito da ría de San Cibrao entre a ponte medieval e a desembocadura do río Covo retirando varias toneladas de residuos entre os que se atopaban un motor dunha embarcación, o tambor dunha lavadora, rodas, madeiros, botellas, metros de cordas e pezas de roupa entre outros.
Para iso foi necesario utilizar maquinaria e ferramentas como o camión grúa, prestado polo Concello, así como motoserras, carretillas, fouces e material como guantes e sacos. Uns escombros aos que se lles deu un tratamento axeitado despois da súa separación.
Tratouse dun proxecto da Fundación Alcoa impulsado polo Club Limosa Surf e que contou coa colaboración do Concello de Cervo que, ademais de facilitar a maquinaria e o material mencionado, tamén se ocupou de solicitar a autorización pertinente ao Servizo Provincial de Costas para desenvolver esta acción.
A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso destacou o carácter medioambiental e de coidado do contorno natural desta iniciativa, pero tamén valorou a súa carga de “concienciación” xa que “hacemos visible la cantidad de residuos que se encontraban en el cauce de la ría y en sus márgenes como forma de denunciar y evitar que los espacios naturales se conviertan en vertederos”.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



