O delegado de Cultura presentou o programa de actividades que se desenvolverá do 26 de maio ao 1 de xuño no Museo Provincial de Lugo
Lugo, 21 de maio de 2013. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, presentou, esta mañá, a IV Semana do Libro e da Lectura Infantil e Xuvenil, que organiza a Vicepresidencia do ente provincial en colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxico Galega, e que este ano se desenvolve do 26 de maio ao 1 de xuño nas instalacións do Museo Provincial de Lugo.
Durante a súa intervención Mario Outeiro explicou que “durante a vindeira semana o Museo Provincial converterase nun escenario cheo de inventos, artiluxios e ferramentas; trebellos que forman parte de nós mesmos porque na vida cotiá estamos rodeados deles e que, para esta ocasión, adquiren un matiz especial, case máxico, e que permitirán fomentar o gusto pola lectura así como potenciar as capacidades creativas dos máis pequenos. Desde a roda até o smartphone, todas as tecnoloxías axudan ás persoas a progresar e nese senso, os libros tamén son máquinas que estimulan a circulación das ideas polos circuítos da imaxinación”.
A interpretación literaria, a creación de contos, a maxia, a percusión, a astronomía ou a banda deseñada son algunhas das temáticas sobre as que versarán os obradoiros desta Semana do Libro e da Lectura Infantil e Xuvenil, dirixidos ao alumnado de EEis, CEIPs e IES da provincia previamente inscritos, e que se desenvolverán en horario de mañá a partires das 12:30 horas. Asemade, todas as tardes, a partires das 18:30 horas, haberá actividades abertas ao público como contacontos, espectáculos de circo e representación teatrais, entre outras.
Con esta iniciativa que chega á súa cuarta edición, a área de Cultura da Deputación busca ofrecer un lugar de encontro para que tanto os rapaces e rapazas como os profesores ou os propios pais e nais conflúan e compartan experiencias en torno á maquinaria da literatura e as súas engranaxes: os libros.
Mario Outeiro insistiu “no apoio da Vicepresidencia da Deputación ao libro galego e, polo tanto, ao sector editorial que se atopa nunha situación límite a causa das políticas da Xunta de Galiza que non só atacan á industria cultural senón que tamén supoñen un atranco para o ámbito creativo. O desamparo que vive a lingua galega por parte do Goberno de Galiza está a afectar de xeito directo ás editoriais que cumpren un papel fundamental no proceso de normalización lingüística”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



