O campionato autonómico “Todos Polo Fútbol” no que participa o equipo local A Mariña F.S. pertencente á Asociación de Axuda ó Enfermo Mental contará mañá, día 14 de maio, cunha nova xornada.
Esta xornada terá lugar no Pavillón Vista Alegre (Burela) ás 15:30 h e nela compartirán pista o equipo Apem Cambre e a Mariña F.S. (equipo local).
Están todos convidados a animar aos entusiamados xogadores, que máis que o resultado final valoran a posibilidade de compartir unha xornada na que realizan deporte de maneira saúdable e donde o apoio é valorado especialmente.