O pasado domingo día 16, celebrouse no complexo deportivo da Fieiteira, na localidade de Ribeira en xornada de mañá e tarde, o Campionato Galego de Vetaranos de Pista ó Aire Libre. A climatoloxía non axudou nada ós atletas participantes, xa que pola mañá correu un forte vento e pola tarde un temporal de auga o que impediu que se realizaran grandes marcas.
O club deportivo Egovarros-Viveiro foi o club que máis metais acadou destacando no apartado feminino Francisca Romasanta en W-60 que acadou o ouro nos 800 m, prata nos 400 m e bronce nos 100 e 200 metros, Begoña de Arriba en W-50 obtivo a medalla de ouro nos 100 e nos 5000 metros e prata nos 1500 m e en lanzamento de peso, Manuela Guisasola en W-50 foi ouro en 100 m e prata en 200 e 800 metros.
No apartado masculino Víctor Sande en M-45 acadou o ouro na proba dos 5000 metros, Salvador Patiño en M-60 ouro nos 400 m, ouro en salto de lonxitude, prata en 100 e 200 metros e bronce en peso, Antonio Hernández en M-65 foi ouro en 800 e 5000 metros, Antonio Cabana en M-70 obtivo o ouro en 1500 m e prata en 400 m, Fernando Ramos en M-65 obtivo a medalla de prata nos 100 e 400 m e bronce nos 200 m, Francisco Barrientos M-55 foi prata nos 100 m e bronce nos 200 metros, Anxo Vigo en M-55 obtivo a prata en lanzamento de peso e bronce en lonxitude, Andrés Piñón en M-40 foi bronce nos 5000 metros, Emilio Toral en M-55 foi bronce nos 800 metros, José Vicente Rioseco en M-70 foi ouro nos 100 e nos 400 metros (este atleta conseguiu bater o récord galego da súa categoría nas dúas probas).
En total as medallas obtidas polos atletas do club vivariense foron 12 ouros, 12 pratas e 8 bronces.