A Comisión Veciñal en Defensa da Sanidade en Cervo agradece publicamente que o Partido Popular se sumase, no pleno celebrado onte, á iniciativa proposta polos partidos da oposición, PSOE e BNG, “co voto a favor dos populares, acordouse por unanimidade instar á Xunta de Galicia para que manteña os servizos médicos tal e como estaban antes de comezar este conflito”.
Os membros da Comisión subliñan que “onte saímos con moi boa sensación do pleno xa que puidemos oír una boa declaración de intencións por parte do goberno local. Iso si, queremos que esas boas palabras se materialicen. Desgraciadamente, os veciños están fartos de boas intencións, non descansaremos ata que vexamos cos nosos ollos que se conseguiu ese cuarto médico que tanto desexamos”.
Con respecto ó sucedido no pleno, recórdanlle ó PP que “lles quedou a man tendida dende a comisión para que se unan a nós de forma institucional como Concello e tamén, o PP de Cervo, como partido político. As portas están abertas, estaremos encantados de seguir sumando esforzos, xa que non pararemos de traballar ata lograr que os servizos sanitarios volvan a ser os que eran hai pouco menos dun mes”.
Grazas a todo o acordado no pasado pleno, “grazas as boas intencións manifestadas onte, a comisión veciñal decidiu pospoñer o encerro no centro de saúde, entendendo que dende o Concello se vai a traballar duramente por non permitir a merma de facultativos en Cervo. O que non quere dicir que imos parar de loitar polo noso obxectivo”.
Iniciativas previstas
A plataforma anuncia que “a primeira cita terémola xa este domingo, día 23 de xuño. Estaremos na Praza do Souto de Cervo, aproveitando a celebración do mercado, para seguir recollendo máis firmas, cantas máis teñamos máis presión poderemos facer”. Convocan tamén para o martes, 25 de xuño, “unha concentración diante do Hospital da Costa, e seguidamente entregaremos ó seu xerente, Francisco Soriano, unha copia da carta que enviaremos directamente á Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, co único fin de que se atendan as nosas demandas”.
Engaden que “tamén acordamos facer unha ronda de reunións cos veciños polas parroquias para explicarlles cómo segue a situación, os inconvenientes de perder un dos nosos facultativos e informarlles de que seguiremos facendo presión a pesar de que os tres partidos políticos da corporación municipal van a loitar para non permitir a perda de servizos nos nosos centros de saúde”.
Dende a comisión veciñal din que “seguiremos con estas iniciativas pero se non se van materializando axiña as boas intencións amosadas polo goberno local volveremos rápidamente a endurecer as nosas medidas de presión para non dar nada por finalizado antes de tempo”.
Por último, agradecen a resposta dos veciños, “gracias a esta unión e este esforzo amosado por tódolos cervenses logramos manter o funcionamento dos dous centros de saúde do noso concello. As nosas forzas non decaerán ata que tamén logremos recuperar os catro médicos, non permitiremos que Cervo perda un dos seus facultativos, pois non queremos que a calidade asistencial se vexa para nada prexudicada”.
A COMISIÓN VECIÑAL EN DEFENSA DA SANIDADE EN CERVO























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



