Foz, 28 de xuño de 2013. No pleno ordinario celebrado onte a corporación municipal focense aprobou a redución de 10.000 euros na partida destinada a festexos para dedicalos a axudas de emerxencia social. Tamén saíu adiante a ordenanza que regulará as terrazas dos establecementos hostaleiros. Por acadar estes dous acordos o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, considera que a sesión plenaria foi moi positiva.
O rexedor municipal destacou en primeiro lugar a aprobación da modificación de crédito de 10.000 euros, “ que se quitaron da partida de festas e destínanse a aumentar a partida de axudas de emerxencia social con 10.000 euros máis, que cremos que van ser suficientes para o medio ano que queda deste exercicio”.
Javier Castiñeira tamén se referiu á “famosa ordenanza das terrazas dos establecementos de hostalería que, despois dun ano de cantidade de reunións tanto de comisións como da xunta de portavoces polo afán negociador do grupo de goberno e tamén evidentemente da oposición, conseguimos sacala adiante. Creo que é unha ordenanza interesante e importante para Foz, que é un concello turístico que ten que apoiar á hostalería pero tamén ten que regular, dende logo, a situación que hai de anarquía na colocación de terrazas”.
O alcalde considera que con esta nova ordenanza “vamos mellorar moitísimo tanto os hostaleiros como, sobre todo, os peóns, porque van poder aproveitarse das infraestruturas. Vamos dar solucións para a hostalería, que terá maior capacidade para poñer terrazas e ademais nunhas condicións estéticas que prestixien o pobo. Dende logo eu creo que é un paso importante para todos. Neste caso houbo unhas concesións moi grandes por parte do grupo de goberno aos grupos da oposición, co que conseguimos aprobar esta ordenanza. Polo tanto estou moi contento e espero que unha vez que entre en vigor esta ordenanza poidamos mellorar a situación que tíñamos ata agora no concello de Foz, que era bastante deficiente”.
Castiñeira rematou anunciando que “agora será exposta e todos aqueles que se vexan afectados, colectivos ou particulares, teñen un período de información ao público e de posibles alegacións. E a partir de aí terá que se aprobada definitivamente polo pleno para que entre en vigor esta ordenanza”.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



