A Deputada da Área de Artesanía e Deseño, Regina Polín, presentou esta mañá a prgramación de actos cos que a institución provincial celebra a inauguración, o vindeiro día 21 de xuño, dunha nova sala da Colección de Instrumentos Musicais e Obxectos Sonoros do CENTRAD, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Música. Durante a presentación xa tivo unha importancia destacada a música, coas pezas que interpretaron os músicos José Mª Otero, Manuel Vizcaíno e Pablo Pintor ás zanfonas, e Abraham Cupeiro ó corneto, encargados de abrir e pechar o acto.
Polín, que estivo acompañada polo fotógrafo Eduarco Ochoa, o músico Carlos Blanco e Santiago de Marcos, destacou o carácter especial deste evento, porque “a nosa Colección da Instrumentos Musicais é unha das xoais culturais da provincia, da que todos os lucenses deben sentirse orgullosos. Poucas coleccións teñen ese potencial de contribuír á salvagarda, difusión, investigación e posta en valor do noso patrimonio cultural. Con esta ampliación non só aumenta o tamaño desta exposición permanente, senón tamén a súa calidade e valor”.
Esta nova sala, que se une ás tres existentes e abertas ó público –Sala Xelmírez, Sala Fundadores e Sala Pórtico da Gloria-, recibirá o nome de Sala Antón de Marcos, en referencia ó promotor do obradoiro do Instrumento Musical, que no ano 1951 conseguiu a colaboración da Deputación para construír instrumentos musicais nun local propio do Pazo provincial.
Este recinto amplía o espazo expositivo en 21 m2, nos que se recreará o pasado de dito obradoiro, amosando fondos da colección pertencentes á etapa na que este iniciou á súa actividade: o primitivo torno, as ferramentas da época, as principais técnicas e procesos empregados na construción de instrumentos, os materiais e útiles de traballo. Os visitantes poderán continuar o percorrido iniciado nas outras salas, nas que poden admirar instrumentos musicais e obxectos sonoros das diferentes familias, tanto do patrimonio musical galego coma de outras culturas, o que pón de manifesto a comunicación entre pobos.
Exposición de fotografía na Capela
Os actos darán comezo o día 19 de xuño, coa inauguración de Cámara Barroca, nova exposición na Capela de Santa María. Trátase dunha mostra de traballos de seis fotógrafos contemporáneos: o lucense Eduardo Ochoa; os coruñeses Vari Caramés, Xurxo Lobato, José Caruncho e Xoán Piñón, e o compostelano Tino Martínez.
A través de 34 fotografías -selección dunha colección que forma parte dos fondos do Museo de Belas Artes da Coruña-, estes artistas presentan a súa visión persoal do arte do século XVIII, en particular do Barroco galego, interpretando as súas características arquitectónicas e escultóricas propias. O resultado é unha demostración da convivencia entre a literatura, a fotografía e o deseño arquitectónico actual coa arquitectura do Barroco, sen esquecer as paisaxes nas que se inscriben edificacións coma os mosteiros de Samos, Monfero, Oseira, Sobrado do Monxes, San Martiño Pinario ou a catedral de Santiago.
A mostra, de entrada gratuíta, permanecerá aberta na Capela de Santa María dende a súa inauguración, o día 19 de xuño, ás 19:30 horas, ata o 21 de xullo, nos horarios habituais da Capela: de luns a venres, de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, e fins de semana e festivos de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas.
Concerto didáctico e interactivo
O xoves, 20 de xuño, a mesma Capela será escenario do concerto que ofrecerá o etnomusicólogo e investigador Carlos Blanco Fadol. De marcado carácter didáctico, están invitados a participar alumnos do Conservatorio Profesional lucense e de todas as escolas de música da provincia.
Este tamén será un concerto orixinal, posto que o público terá que colaborar cos instrumentos musicais que se lles entregarán, procedentes do sudeste asiático e coñecidos como angklung, para tomar parte nun concerto colectivo. Aínda que non posúan coñecementos musicais, grazas ás indicacións de Carlos Blanco os asistentes serán capaces de interpretar pezas coma o “Himno a la alegría” de Beethoven.
Carlos Blanco Fadol ten un amplo e destacado currículo. Posuídor de numerosos e prestixiosos premios internacionais, entre os que destaca a súa dobre candidatura ós Premios Príncipe de Asturias nas categorías de Arte e Concordia, é inventor de máis de 100 instrumentos musicais; autor de varios libros de música (Todo sobre música en caña y bambú, Enciclopedia de los Instrumentos Musicales ou Instrumentos musicales étnicos del mundo); realizador de bandas sonoras para cine, e fundador, propietario e director do Museo Étnico da Música de España, unha das maiores coleccións do mundo nesa especialidade.
O concerto de Carlos Blanco celebrarase o xoves, 20 de xuño, ás 20:00 horas, na Capela de Santa María, tamén con entrada gratuíta e limitada ó aforo do recinto.
Teatro ó aire libre pola noite
Outro dos actos programados é Menciñeiros, unha representación teatral chea de música e baile que ofrecerá a compañía Volta e Dálle, coa que busca recuperar o patrimonio cultural galego para o teatro. Neste caso, farao outorgándolle todo o protagonismo escénico a unha das figuras máis interesantes do imaxinario tradicional do país: os menciñeiros ou curandeiros.
Baseada na obra Escola de menciñeiros, do mindoniense Álvaro Cunqueiro, esta peza ofrece unha aproximación dramática a estas figuras, para dar a coñecer a súa cultura e os seus saber, ó tempo que difunde a obra de Cunqueiro. Os encargados de dar vida ós protagonistas da obra serán Pepe Penabade e os músicos Mini e Mero, que interpretarán a tres vellos menciñeiros que vén próxima a fin do seu tempo. Menciñeiros é unha obra viva, diferente en cada función, respectuosa co texto literario do que parte pero aberta ás posibilidades de cada momento da representación.
Esta representación teatral terá lugar o día 21 de xuño, a partires das 22:00 horas, na terraza do pavillón 4 do CENTRAD, na Travesía da Rúa Chantada. Coma no caso dos demaiso resto de actos programados, a entrada é gratuíta.
A Colección de Instrumentos Musicais
A Colección de Instrumentos Musicais e Obxecto Sonoros do CENTRAD, declarada Visitable pola Xunta de Galicia no 2008, forma parte do Rexistro de Museos e Coleccións de Galicia (MUGA), así coma do Directorio de Museos e Coleccións do Estado.
Esta exposición permanente está aberta ó público visitante, que ten a posibilidade de percorrer as salas grazas ás diferentes modalidades de visitas libres, guiadas, técnicas e activas, de xeito totalmente gratuíto. O horario é de 10:00 a 20:00 horas, sen interrupción. Ademais, todas estas visitas pódense completar cun percorrido polo obradoiro do instrumento ou consultar libremente os fondos da biblioteca e arquivo especializados, que inclúen un servizo de préstamo.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



