A Vicepresidenta 2ª da Deputación, Lara Méndez; o presidente da Irmandade Santo Estevo, Ramón Becerra, e o secretario da mesma, Dámaso Ratoeira, presentaron nun acto que tivo lugar hoxe no Salón de Actos de San Marcos o libro “O Santo Estevo do Ermo e a súa fraga”, obra dos membros desta asociación barreirense, editada grazas á colaboración do organismo provincial. A obra distribuirase acompañada dun DVD con diverso material audiovisual, coma fotografías e vídeos do lugar, e de cuxa elaboración encargáronse os profesionais e bolseiros da Fundación TIC.
Durante a presentación, Méndez destacou a satisfacción dos responsables provinciais por ter prestado colaboración a unha iniciativa deste tipo, “mostra dos estupendos froitos que se dan cando administracións e veciños suman esforzos”. Destacou o valor desta obra, “con milleiros de datos das singularidades que fan patente o inmenso valor cultural, medioambiental e paisaxístico desta zona, unha das últimas fragas autóctonas do norte e das mellores conservadas, grazas ó labor de xentes coma os membros da Irmandade de Santo Estevo”, e subliñou a importancia “de preservar o patrimonio medioambiental dunha das nosas últimas fragas autóctonas e poñelo en valor, de xeito que aporte novos atractivos turísticos fóra da tempada de verán, capaces de xerar riqueza non só en Barreiros, senón en toda a Mariña”
Pola súa banda, tanto Ramón Becerra coma Dámaso Ratoeira reiteraron o seu agradecemento á Deputación polo apoio prestado, que fixo posible “que esta obra vira a luz”. Manifestaron a súa intención de seguir desenvolvendo todo tipo de iniciativas “para preservar e poñer en valor o lugar” e lembraron que esta fin de semana, a fraga de Santo Estevo acollerá a segunda edición do Festival Histórico Augas Santas, co que os seus organizadores pretenden aumentar o interese dos lucenses e foráneos polo entorno da Capela e a fraga de Santo Estevo.
O Santo Estevo do Ermo e a súa fraga
Os máis de vinte socios da Irmandade, partindo da obra do estudioso José María Rodríguez Díaz sobre a Capela de Santo Estevo, elaboraron un estudio sobre esta edificación e o seu entorno. Coa colaboración dos veciños e a documentación atopada en arquivos, coma o Diocesano de Mondoñedo, así de coma de expertos nos diferentes temas abordados, deron formar á obra “O Santo Estevo do Ermo e a súa fraga”, unha ampla guía dende o punto de vista medioambiental, patrimonial e etnográfico desta paraxe barreirense. Milleiros de datos sobre a flora, a fauna, as lendas da zona, ou mesmo sobre as obras de rehabilitación da Capela, acompañados de abundantes imaxes e fotografías familiares antigas, cedidos polos veciños, compoñen a obra máis cuidada e minuciosa sobre esta zona.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



