Lugo, 10 de xuño de 2013. Tras coñecer a sentenza emitida pola Sala do Civil do Tribunal Supremo na que se procede a declarar a devolución, por parte da Deputación Provincial de Lugo, dos fondos do Museo Provincial que forman parte do legado de Álvaro Gil, á súa familia, á área de Cultura da institución quere aclarar que:
– A Deputación Provincial de Lugo recibiu a sentenza da Sala do Civil do Tribunal Supremo o pasado venres, polo que está procedendo ao seu estudo e análise para poder valorala a fondo e determinar con exactitude o seu alcance.
– A intención da área de Cultura da Deputación Provincial é seguir traballando para que o legado de Álvaro Gil permaneza no Museo Provincial de Lugo, como era a súa vontade.
– Desde o ente provincial insístese na súa vontade de diálogo cos herdeiros, como se fixo en todo momento. O actual Goberno da Deputación pensou sempre nunha solución pola vía do diálogo; agora, tentará retomar ese diálogo que se viu truncado polas elevadas pretensión económicas dos herdeiros, do marco xurídico existente que regula estes supostos na institución, norma que data de 1934, e pola xestión do anterior goberno popular a este respecto. Hai que ter en conta tal e como se recolle na propia sentencia as dificultades para preservar o legado se atendemos ao carácter temporal que establecía o convenio que o regulaba sen que os anteriores gobernos da Deputación tivesen a vontade política de normalizar a natureza xurídica da cesión.
Sobre este asunto, o delegado de Cultura, Mario Outeiro, conclúe que “o problema do legado de Álvaro Gil é resultado da xestión realizada polo Partido Popular na súa etapa ao fronte da Deputación Provincial, xestión que provocou que o actual equipo de Goberno recibísemos esta herdanza”.




















Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



