Alumnos da Escola de Imaxe e Son (EIS), co apoio de profesionais da Fundación TIC, realizarán un vídeo coa gravación dunha adaptación de Carapuchiña Vermella con referencias á educación vial que a Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais (ASPANANE ) de Viveiro vai presentar a un concurso de teatro para persoas con discapacidade convocado pola Dirección General de Tráfico (DGT). A representación, na que interveñen 28 rapaces usuarios do Centro de Día e Centro Ocupacional de ASPANANE, terá lugar este sábado, día 8 de xuño, ás 20:00 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
Os estudantes da EIS, o único centro público da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual, editarán o DVD coa posta en escena da obra, xa que as bases do certame requiren a presentación do guión teatral en formato dixital. A versión do conto dos irmáns Grimm desenvólvese nun decorado que inclúe un tramo de rúa con carril para bicicletas, unha estrada con semáforos, sinais de tráfico, e beirarrúas a carón dun castelo.
O apoio social da TIC
ASPANANE é unha das mais dun centenar de asociacións sen ánimo de lucro coas que a Fundación TIC ten asinado convenio co fin de divulgar o seu labor na provincia, ó tempo cos alumnos realizan prácticas reais que melloran as súas posibilidades de inserción laboral, así como manter un programa de bolsas de emprego para os titulados. Ademais, a TIC mantén contacto con 70 empresas do sector audiovisual o que permite ós estudantes e bolseiros realizar traballos profesionais





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



