Ribadeo, 11 de xuño de 2013. A plataforma musical Bandeed, que dirixe o ribadense Anxo Armada, e o Concello traerán a Ribadeo en agosto o espectáculo La pareja tóxica, que inclúe un concerto da artista pop Zahara e a presentación dunha curtametraxe. Bandeed está en internet e permite facer propostas de posibles concertos a celebrar nesta vila “si se reúne un número mínimo de persoas interesadas en que esas actuacións se celebren aquí”, segundo deu a coñecer esta mañá o concelleiro de Mocidade, Xavier Campos.
O edil nacionalista explicou que “nesta ocasión desde a Área de Mocidade do Concello de Ribadeo o que anunciamos é a posta en marcha dunha iniciativa novidosa, que ven sendo unha alianza, por así dicilo, entre un proxecto estatal de promoción musical que se chama Bandeed, que nace entre Barcelona e Ribadeo, porque está encabezada por Anxo Armada, un veciño da nosa vila que estudou e que elaborou este proxecto na capital de Cataluña. Neste momento o que facemos é apoialo desde o Concello de Ribadeo poñendo en marcha o primeiro concerto que coorganizamos entre o Concello e a plataforma musical Bandeed, que el dirixe”.
Xavier Campos indicou que “Ribadeo acollerá é a celebración dun concerto de Zahara, unha artista pop española que ademais de tocar o día 17 de agosto no Cine Teatro de Ribadeo tamén presentará unha curtametraxe titulada Leñador y la Mujer América. As dúas cousas, concerto e curtametraxe, conforman o espectáculo La pareja tóxica, de música e cine, que se está movendo por distintos lugares de todo o Estado español”.
O concelleiro de Mocidade sinalou que “a novidade radica na idea de que este tipo de concertos se leven adiante a partir de agora se hai un número suficiente de persoas que estean interesadas na súa celebración na nosa vila, no Cine Teatro. Bandeed é unha plataforma musical que está en internet e que permite facer propostas de posibles concertos a celebrar en Ribadeo, que as persoas interesadas comuniquen, a través da plataforma musical e da compra previa da entrada, o seu interese en que eses concertos se leven a cabo. E a partir de aí se hai un número mínimo de persoas interesadas en que o concerto se celebre en Ribadeo teremos a ocasión de ver aquí a artistas de moi diversos estilos pero de moita talla musical”.
Para Xavier Campos “non deixa de ser un novo formato, unha nova maneira de dar saída ao talento musical e neste caso a partir dunha alianza entre o Concello de Ribadeo, que o que pon é o espazo (o Cine Teatro ou o auditorio municipal) a disposición desa iniciativa emprendedora, desta plataforma Bandeed, que encabeza o ribadense Anxo Armada”.
O edil de Mocidade subliñou que “neste caso anunciamos o primeiro concerto, esperando desde logo que sexa o primeiro de moitos que podan vir no futuro. Trátase do concerto da artista Zahara para o 17 de agosto deste ano, pero con intención sobre todo de presentar tamén como funciona esta plataforma que permitiría que cheguen a Ribadeo outros artistas moi variados e de moita calidade, simplemente co requisito de que haxa o número suficiente de persoas tanto de Ribadeo como do resto da zona interesadas en poder ver e disfrutar dos seus artistas preferidos na nosa vila. E iso sería posible a través da plataforma Bandeed”.
Toda a información dese concerto en Ribadeo pódese atopar en http://www.bandeed.com/concierto/zahara.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



