Lugo, 27 de xuño de 2013.- A dotación de persoal dos centros de saúde de Cervo e San Cibrao garante unha atención sanitaria de calidade neste municipio, nas mesmas condicións que ata o de agora, xa que o incremento do número de tarxetas sanitarias por profesional non debe supor unha carga de traballo substancialmente maior que a que tiñan ata o de agora.
Cada profesional médico deste concello ten, trala reorganización, unha media de 1.233 cartillas asignadas, ratio que mellora ao da maioría dos concellos da provincia, de Galicia e de España, así como a ratio considerada óptima polas sociedades científicas, que se sitúa nunha media de 1.500 tarxetas sanitarias por profesional.
Polo tanto, a carga de traballo dos tres profesionais médicos do concello de Cervo é óptima, xusta, equitativa e segue a garantir unha asistencia de calidade. Neste senso, o Sergas recalca que ninguén vai ser atendido en peores condicións, nin quedar sen unha asistencia sanitaria pública e de calidade.
O Servizo Galego de Saúde insiste, unha vez máis, en que a reorganización asistencial levada a cabo neste concello só busca optimizar o emprego dos recursos humanos do sistema de saúde público, baseándose en criterios obxectivos que obrigan a destinar ditos recursos a servizos donde son máis necesarios para a poboación.
Criterios obxectivos como poboación (envellecemento, dispersión…) xustifican a reorganización adoptada. De feito, no que atinxe ao envellecemento da poboación, dicir que, segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estadística (relativos ao ano 2012), o concello de Cervo ocupa o segundo lugar coa poboación menos envellecida da comarca de A Mariña, despois de Burela. Así, Cervo conta cun 21,8% de poboación maior de 65 anos, sendo, como apuntamos, o segundo concello mariñano coa poboación máis xove. No que se refire á dispersión xeográfica, Cervo tamén figura entre os concellos con menor dispersión (57,7 habitantes por kilómetro cadrado), só superado por Burela, Foz, Ribadeo e Viveiro.
Por outra banda, dicir que nos últimos días o Servizo Galego de Saúde detectou unha organización incorrecta das axendas nos centros de saúde de Cervo e San Cibrao, que xa se correxiu, polo que ditos dispositivos asistenciais non teñen lista de espera e, a día de hoxe, había ocos libres nas axendas de citación dos tres facultativos.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



