A Deputada abriu este mércores 5 de xuño o prazo para participar en Imaxinando Cantares Gallegos. Trátase dunha orixinal actividade que rende homenaxe á literatura galega no 150 aniversario da publicación da obra de Rosalía de Castro, que combina literatura e artes gráficas. Terá lugar o vindeiro 13 de outubro, coincidindo co popular Domingo das Mozas, data na que se realiza a tradicional ofrenda á escritora galega.
O organismo provincial publicou hoxe en www.deputacionlugo.com as bases deste concurso, que é aberto a todos os ilustradores e gravadores. Os interesados poden presentar xa e ata o 31 de agosto a o seu currículo xunto cunha mostra dos seus traballos, tal e como indican ditas bases. As solicitudes serán, posteriormente, valoradas por unha Comisión de Expertos, que determinará a identidade dos 32 finalistas.
Unha vez rematado o prazo, esta Comisión reunirase para valorar as obras presentadas. Ademais, para axudar a facer fronte ós posibles custes de desprazamento ou material dos artistas seleccionados, estes percibirán unha achega económica dun 200 euros.
Os artistas cederán os dereitos de autor das obras creadas nesta cita, orixinais e únicas, para que pasen a formar parte dos fondos propio do Centro de Artesanía e Deseño, e poder ser obxecto de futuras exposicións e actividades, ben no Centro, ben noutros espazos. Ademais, as obras resultantes ilustrarán unha edición de Cantares Gallegos que será elaborada polos artesáns que traballan no Obradoiro do Libro do CENTRAD.
13 de outubro
O 13 de outubro, Imaxinando Cantares Gallegos transformará ó Centro de Artesanía e Deseño nun espazo de traballo compartido por un total de 32 artistas que sairán dos seus estudos por un día para traballar baixo a atenta mirada do público. Todos eles compartirán tema de inspiración: os poemas de Cantares Gallegos. Os artistas que resulten escollidos, desenvolverán o seu traballo nas instalacións do CENTRAD, polas que os visitantes poderán circular libremente para contemplar o proceso creativo dos artistas. Ó mesmo tempo, será unha boa oportunidade para coñecer máis de preto os diferentes obradoiros existentes no Centro.
O institución escolleu o día 13 de outubro para celebrar estas iniciativa polos seguintes motivos, tal e como explicou a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín: “non só porque ten lugar a tradicional homenaxe a Rosalía de Castro, senón porque é un dos días nos que Lugo recibe máis visitantes chegados de fóra de Galicia, e o noso desexo é que o maior número posible de persoas poidan ser testemuñas do traballo dos artistas galegos e da actividade que, en prol da nosa herdanza cultural, se desenvolve no Centro de Artesanía e Deseño”. Os nenos tamén terán actividades axeitadas á súa idade e capacidades, xa que os responsables do Centro organizarán obradoiros de debuxo, por suposto de temática relacionada coa escritora e a súa obra.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



