A Asociación Mariña Jazz, AMAJAZZ, organiza unha nova edición do Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela, que decorrerá do 15 ao 19 de xullo. Serán 5 días intensivos de clases con profesores de distintas especialidades instrumentais e con coñecementos nos diversos estilos musicais que conforman o universo da “música moderna”: blues, jazz tradicional, funky, latin, pop, folk…
Nesta sexta edición, faise unha aposta clara pola consolidación de especialidades instrumentais que se foron incluíndo en pasadas edicións, como é o caso das incorporacións do pasado ano: trompeta e violín, que se veñen sumar a outras especialidades que se ofertaron en anteriores edicións, co obxecto de achegar este curso ao maior número de persoas interesadas no mundo do jazz e da improvisación musical.
Este ano, serán un total de 10 profesores os encargados de impartir as clases que se desenvolverán durante toda a semana. Todos eles forman parte de distintos proxectos musicais, ben liderando as súas propias agrupacións ou ben colaborando con outros músicos, ademais de teren unha dilatada experiencia no mundo da docencia, participando en numerosos cursos e en distintos centros de referencia no mundo do jazz e da música moderna. Leo Giannetto (voz e guitarra), Harry C, Milladoiro (violín-corda), José Nine (saxofón-vento madeira), Roberto Bouça (saxofón-vento madeira), Rubén Salvador (trompeta-vento metal), Roberto Pacheco (trombón-vento metal), Javier Constenla (piano), Quique Alvarado (baixo eléctrico), Israel Arranz (vibráfono-percusión), Miguel Cabana (batería-percusión). Como novidade, este ano o Seminario contará coa colaboración especial do vibrafonista grego Dimitris Angelakis, que impartirá xunto con Arranz, un workshop de improvisaxión e vibráfono os días 20 e 21 de xullo, como complemento ao VI Seminario.
A organización lectiva do Seminario configúrase en torno a tres apartados que se desenvolverán diariamente. As mañás dedicaranse a clases teórico-prácticas sobre aspectos relacionados coa linguaxe musical, improvisación, harmonía, técnica… e durante as tardes realizaranse ensaios de grupo en combos ou Big-Band onde se traballarán conceptos relacionados coa interpretación en grupo, comunicación, improvisación e aplicación de técnicas e recursos dos distintos estilos interpretados. Xa durante a noite terán lugar distintas actuacións musicais a cargo do profesorado, o propio alumnado e tamén de artistas convidados para a ocasión.
Os alumnos e alumnas do Seminario serán os encargados de pór o broche final a esta semana musical nun concerto moi especial que se celebrará o Venres, día 19, ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Burela.
Todas as persoas interesadas en participar neste seminario deberán inscribirse antes do 7 de xullo, enviando a ficha de inscrición debidamente cuberta, o xustificante do pagamento bancario e unha copia do DNI ao correo electrónico asociacion.marina.jazz@gmail.com. A organización facilitará condicións especiais de aloxamento para o alumnado do Seminario, atendendo á rigorosa orde de inscrición e en función das prazas dispoñibles. As persoas que o desexen poden contactar directamente coa organización para consultar calquera dúbida, ben a través do correo electrónico asociacion.marina.jazz@gmail.com ou ben nos teléfonos 686-435-987 ou 616-995-013.
Toda a información relativa ao VI Seminario poderá ser consultada a través do blog www.seminariojazzburela.blogspot.com onde poderedes atopar todo sobre datas, horarios, profesorado, prezos, ficha de inscrición, aloxamento, etc.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



