Barreiros, 7 de xuño de 2013. No pleno extraordinario que se celebrará no Concello de Barreiros o vindeiro mércores, 12 de xullo, someteranse a aprobación a ordenanza reguladora do uso das praias de municipio. Barreiros será o primeiro concello da Mariña no que se aplique unha normativa deste tipo.
O alcalde, Alfonso Fuente, sinalou que “na sesión plenaria da vindeira semana someteramos a aprobación dúas ordenanzas. Unha sobre o uso e funcionamento do ximnasio municipal e outra sobre o uso das praias no noso concello. Esta é a máis novidosa por ser a primeira deste tipo que se aplica na Mariña lucense”.
O rexedor dixo que “ninguén se asuste porque isto non quere dicir que se vaia cobrar por acceder ás praias, pero o que si vai facer é regular as zonas de uso, as que marcan claramente a imposibilidade de baixar con animais aos areais, e tamén nos servirá para que os socorristas teñan capacidade sancionadora, cando lle fan unha indicación a alguén na praia si non se atenden ditas recomendacións de quen está coidando e vixiando os areais, eles terán esa capacidade”. Fuente Parga explicaba esta mañá que “a ordenanza tamén marca as distintas zonas que hai nunha praia e recolle a imposibilidade de acceder á area con vehículos a motor. Todas estas cousas xa se saben, pero cando alguén as incumpría e os socorristas chamaban á Garda Civil, eles nos indicaban que desde o Concello deberíamos ter unha ordenanza para que puidesen emitir esa sanción a quen incumpre”.
O alcalde barreirense manifestou que “se regulará o uso da praia para a práctica de actividades deportivas. Non se impide, pero se regula. Non poderán estar a menos de 6 metros da outra xente que está a facer outro uso distinto do areal. O que fai é marcar esa boa convivencia que ten que haber entre uns e outros. Tamén regula que non se poden deixar abandonadas na as táboas de surf ou as velas de kite surf, todo este material hai que recollelo para que non xurdan perigos. Había xente que se queixaba de todas estas cousas”.
Alfonso Fuente indicou que “o que queremos é que todo o mundo poida disfrutar e compartir un espazo que é de todos. Queremos que se faga da mellor forma posible”.
O rexedor manterá xuntanzas nos vindeiros días cos responsables das asociacións de surf e de kite surf para explicarlles esta ordenanza que regulará o uso das praias barreirenses. Fuente Parga advirte aos usuarios dos areais que “aquel que incumpra a normativa de xeito reiterado será sancionado”.
Consideraranse infraccións moi graves, entre outras: o vertido ou depósito de materiais que poidan producir contaminación ou risco de accidente, a circulación de embarcacións non autorizadas a unha distancia inferior a 200 metros da costa ou causar calquera tipo de impacto negativo sobre a fauna e a flora das praias. Serán infraccións graves: proceder ao baño nas zonas de bandeira vermella, a tenencia de animais potencialmente perigosos nas praias ou non acatar as instrucións do persoal de salvamento cando fosen debidamente requeridos para elo. E serán infraccións leves: a tenencia de animais nas praias, a venda ambulante de produtos non alimenticios, a evacuación fisiolóxica no mar ou causar molestias a outros usuarios. As sancións das infraccións leves poderán ir dos 60 aos 300 euros, as multas das infraccións graves oscilarán entre os 301 e os 1.500 euros e as sancións por cometer infraccións moi graves irán dos 1.501 aos 3.000 euros.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



