O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregou este sábado 8 de xuño os Premios #InLugo, coas que a institución provincial premia iniciativas, persoas ou organizacións que destacan no bo emprego de Internet e as novas tecnoloxías. Entre as preto de 40 candidaturas presentadas, os 5 gañadores destes galardóns foron os seguintes:
1º.- Categoría de Comercio, Ocio e Restauración: Adega Vía Romana de Chantada, pola aplicación das TIC para impulsar a súa actividade vitivinícola; organización e efectividade de accións de marketing en internet, presenza en redes sociais, implantación de códigos QR e dinamización do turismo enolóxico da Ribeira Sacra. A súa web é www.viaromana.es. Recolleu o galardón Óscar González, enólogo da adega xunto coa súa filla.
2º.- Categoría de Educación e Formación, espazo educativo El Faro de los Tres Mundos, pola súa innovación en contidos educativos para incrementar a denominada intelixencia cultural de nenos e mozos, o que implica un valor engadido para o crecemento individual como persoas, xa que supón a interiorización de valores como o respecto á diversidade, a mellora da capacidade creativa, intelectual e física, así como a adquisición de novas competencias como unha maior facultade de colaboración e traballo en equipo. Trátase dunha iniciativa única en España e parte da necesidade de mellorar o coñecemento e formación dos escolares a través da cultura asiática, “unha das culturas máis emerxentes e na vangarda do mundo máis avanzado”. Conta coa páxina www.elfarodelostresmundos.com e o twitter @elfaro3mundos. Recolleron o galardón os tres socios Almudena, Andrés e Susana Barro, e os dous colaboradores, Isabel Rodríguez e Sandra Fernández.
3º.- Categoría de Deporte e Saúde, Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, pola súa innovadora páxina web www.coflugo.org que constitúe unha fonte de información sobre saúde fiable, profesional, dinámica e intuitiva, e que busca cubrir as necesidades e inquietudes que poidan ter os pacientes de toda a provincia. O xurado valorou tamén o dinamismo do Colexio de Farmacéuticos en Twitter -@COFLugo-, onde incorporaron códigos QR ós carteis nos que mostran os calendarios das gardas das farmacias, conseguindo deste xeito que os cidadáns poidan consultar os establecementos de garda de Lugo cidade a través do teléfono. Recolleron o galardón a Presidente do Colexio, Ana Prieto, a Vicepresidenta, María José Pardo, e a responsable de técnica do Centro de Información de Medicamento, Berta Pérez.
4º.- O tuitero co pseudónimo Lucense Enfurecido -@LucenseEnfurec- con máis de 4.500 seguidores, na categoría de Cultura e Sociedade, por contar practicamente en directo todo o que ocorre en Lugo, sen perder ningunha nova.
5º.- Categoría de Tecnoloxía, empresa Intelixencia Visual, por ser unha das promotoras do proxecto Una cebra en el agua, que se desenvolve dende o pasado ano en 20 centros educativos galegos e ten como obxectivo espertar novas vocacións científicas nos estudantes de Secundaria de Galicia a través do emprego dunha ferramenta pedagóxica, pioneira a nivel nacional, e o aprendizaxe experimental dentro das aulas, seguindo a corrente metodolóxica de “aprender facendo”. Conta coa web www.inteligenciavisual.com e a conta de Twitter @intelvisual. Recolleron o premio Juan Araujo e Noemí Rodríguez, xerentes.
Un encontro de referencia en Galicia
Gómez Besteiro puxo o peche, deste xeito, ó I Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais, #InLugo, convertido xa nun encontro de referencia en Galicia debido ó seu éxito de convocatoria. Participou a elite nacional de Internet, por exemplo, Sebastián Muriel, director de Desarrollo Corporativo de Tuenti, o espazo web máis importante en España con 13 millóns de usuarios; Mario Tascón, gurú dos medios dixitais e redes sociais, especialista en contidos adaptados a todo tipo de soportes, visualización, xornalismo de datos e novas narrativas; Francisco Polo, director para España de change.org, a maior plataforma de accións social online do mundo; así como outros 25 recoñecidos profesionais do mundo do xornalismo, marketing online, turismo, novas tecnoloxías ou emprego. O alto nivel dos poñentes fixo que persoas de toda España encheran durante dous días o Salón de Actos do Pazo de San Marcos, con capacidade para unhas 200 persoas; que outros centos delas seguisen este congreso en Internet, dende www.deputacionlugo.org, grazas á súa retransmisión en directo que realizaron os alumnos da Fundación Tic; e que milleiros falasen desta iniciativa e da provincia nas principais redes sociais. Así o constatan os datos obxectivos procedentes das analíticas de Internet. Este congreso rexistrou máis de 2.500 tweets co hashtag InLugo, unha audiencia de 700.000 usuarios e 5 millóns de impresións. Ademais, foi un dos temas máis recomendados en Twitter, sendo trending topic a nivel nacional en algúns momentos xunto a Rafa Nadal. En Instagram subíronse preto de 200 fotos que, ademais de falar desta iniciativa, promocionan Lugo. #InLugo foi, en definitiva, un escaparate único para a proxección exterior da provincia.
Aposta pola novas tecnoloxías
A Deputación de Lugo organizou este I Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais dentro da súa aposta pola economía do coñecemento que, xunto á vinculada co sector agrogandeiro e a cooperación cos Concellos, compoñen a columna vertebral do organismo provincial. Con este encontro, financiado nun 80% pola Unión Europea con fondos do proxecto tecnolóxica da institución Innova-TE, o organismo provincial quixo potenciar as novas tecnoloxías na provincia, ó igual que fai coa creación de prazas e xardíns wifi, coa implantación da administración electrónica ou con presupostos participativos, equipamento, formación e asesoramento personalizado a Concellos e empresas.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



