Ribadeo, 7 de xuño de 2013. O teatro de buxiganga encherá de teatro afeccionado o centro da vila ribadense o vindeiro xoves, 13 de xuño. Así, os grupos de teatro A Adala, de Fazouro, Ardora, de San Cibrao, Axóuxeres, de Vilaronte, O Batán, de Cangas de Foz, O Bordelo, de Cervo, Ollomao, de Barreiros, Raiolas, de Alfoz, TeatroCrea, de Viveiro e Xoldra, de Mondoñedo, interpretarán pequenas fragmentos das súas obras teatrais desde o Cantón e polas rúas máis céntricas da vila, achegando o teatro o máis posíbel e involucrando á xente de a pé.
Aínda que estas representacións a pé de rúa non son algo novo, pois xa se teñen levado a cabo en pasadas edicións, nesta ocasión ofrecerán algo diferente aos espectadores, nunha xornada que estará chea de sorpresas e na que tanto o espectáculo como a música serán protagonistas.
A área de Cultura da Deputación, impulsora deste proxecto, con actividades coma esta pretende promover e dar a coñecer a quinta edición dos circuítos Buxiganga, un programa esencial á hora de potenciar o teatro en todas as súas vertentes como un elemento de transmisión cultural, fomentar o emprego do galego neste ámbito e cumprir unha importante función de cohesión e integración social.
É de destacar o incremento que vén sufrindo o número de colectivos participantes neste proxecto dende os seus inicios, no 2009. Tanto é así, que esta quinta edición contará cun total de 30 grupos de teatro, seis máis que na pasada edición, dos cales 10 pertencen á comarca da Mariña, o que supón unha posta en escena a través de 117 actrices e actores mariñáns. Deste xeito, configúrase un calendario con un total de 29 representacións na comarca a cargo de diferentes colectivos teatrais da provincia, e 24 actuacións que os grupos mariñaos porán en escena en distintos puntos da provincia.
O vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, en máis dunha ocasión, ten manifestado que “A Mariña é a comarca onde o programa ten máis éxito tanto polo número de grupos como polo de espectadores, rexistrandose máis de 2.000 na pasada edición. E a clave dese éxito radica en que este proxecto ofrece aos colectivos a posibilidade de aumentar o número de representacións e montaxes teatrais, algo que ao mesmo tempo, fomenta a creación de novos grupos de teatro afeccionado”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



