Cervo, 6 de xuño de 2013-O Concello de Cervo e a Asociación Cultural “Airiños do Xunco” presentaron hoxe o programa da VII Exaltación da Carne de Porco que se celebrará este sábado día 8 durante todo o día. As degustacións comezarán a partir das 12:00 horas nos bares e restaurantes da vila, que ofrecerán tapas coas súas respectivas especialidades.
En concreto, o Caseto de Copa servirá orella e fígado; O Almacén ofrecerá manitas de ministro e callos ao Almacén; no Río de Oro as tapas incluirán costela e chourizo á grella; o Bar O Zoco preparará botelo con patacas e raxo con setas; e o Bar Figuerido guisará carrilleiras estofadas e morro ao caldeiro. Estas serán as tapas estrela da xornada, pero cada local ofrecerá tamén outras especialidades.
Ademais dos pratos preparados nos establecementos hostaleiros, haberá exaltación popular da costela de porco na praza do Souto que comezará ás 20:00 horas e onde hai previsto vender ao redor de 400 racións que incluirán costela, chourizo, pan, viño e cazola por un prezo de 7 euros. Unha xornada que estará amenizada polo grupo de gaitas de “Airiños do Xunco”, a entidade organizadora desta festa e que conta coa colaboración do Concello de Cervo.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Turismo, Begoña Alonso, o presidente de Airiños do Xunco, Rafa Blas e o tesoureiro da entidade, Carlos Sanz, deron a coñecer os detalles da festa e o cartel co obxectivo de difundir unha xornada festiva “donde por séptimo año quedará demostrado que eventos gastronómicos como este son iniciativas muy efectivas para la atracción turística y la dinamización de la hostelería y el comercio locales” tal e como explica a edil.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



