O pentatleta intenacional vivariense Cristóbal Rodríguez alzouse coa medalla de ouro a pasada fin de semana en San Sadurni de Noya no Alto Penedés na prestixiosa Liga Catalana de Esgrima na modalidade de espada co seu equipo, o Desperta Ferro, que obtivo o trunfo por vez primeira.
Perteneciente á Sala de Armas de Montjuic, o conxunto barcelonés que se clasificara nas competicións previas como cabeza de serie tras reforzarse coa fichaxe do multideportista galego, tivo que eliminar en cadro de oito ó conxunto “Sanguijuelas”, pasando ó cadro de semifinais no que se tivo que enfrontar ó conxunto de “Pollos Hermanos” que resultou ser moi dificultoso de eliminar. O conxunto da cidade Condal plantouse na final onde se enfrontou ó potentísimo “Predators”.
O conxunto barcelonés, encabezados polo seu capitán, o italiano Lino Zago, o galego Cristóbal Rodríguez, Axel Perez, Raúl Benítez, Sergi Mora e Arantxa Chavarri tivo que enfrontarse a un combativo rival. Rodríguez pechou o combate quedando todo nas súas mans tras a dura loita de todo o conxunto. O galego entrou na pista a flta de cinco puntos para a vitoria conseguindo arañar punto a punto ós seus rivais cun movemento continuo e rápido rematando o combate cun ataque en flecha por parte de Rodríguez que deu a vitoria final ó Desperta Ferro por un tanteo de 45/38.
Rodríguez, que obtivera a Medalla de Bronce no Nacional de Equipos e o Ouro no Campionato Universitario fai uns días, mostrábase moi satisfeito destacando que “somos un equipo moi unido e en todos os conxuntos reinou o fair-play”.




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 
