O Teatro de Ribadeo acollerá durante a fin de semana do 29 e o 30 de xuño a sétima edición do curso temático sobre educación infantil da Mariña 2013 baixo o lema: “Infancia e xogo: xogar para xogar, xogar para aprender” organizado pola Universidade da Coruña e CIFP Porta da Auga de Ribadeo. O curso conta con 125 prazas e un total de 20 horas e diríxese a mestres, graduados, diplomados ou estudantes de Maxisterio, técnicos de xardíns de infancia ou estudantes do ciclo superior de auxiliares coidadores de escolas infantís. A matrícula pode realizarse unicamente a través da web da UDC: www.udc.es/ooc. Por outra banda, o auditorio municipal acollerá o concerto da Banda Pascual Veiga de Mondoñedo e da BMMR este sábado ás 21.00 horas con entrada de balde.
Curso da UDC e concerto no Teatro e Auditorio de Ribadeo
Curso da UDC e concerto no Teatro e Auditorio de Ribadeo
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón