A Fundación Novacaixagalicia e a Xunta de Galicia entregaron o pasado luns 10 de xuño os diplomas de Xestión Estratéxica-Cadro de Mando Integral. Mª José Nóvoa, directora técnica xeral da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, recolleu o diploma que acredita a participación nos programas de Xestión Estratéxica da Entidade. Neste programa pretendíase que as entidades definisen unha estratexia asignando prioridades e recursos, a xestionasen e complementasen, tendo sempre presente a satisfacción dos grupos de interese. A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña traballa pola mellora continua, e neste sentido, aposta pola formación aspecto crave para garantir unha mellor atención psicosocial e, en definitiva, unha mellora da calidade de vida dos seus usuarios.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



